Alumbrado

O PP esixe ao Goberno local que manteña os servizos básicos de alumeado público de Ponteareas

  • O PP faise eco das múltiples queixas dos veciños pola falta de mantemento do alumeado público.

Son múltiples as queixas dos veciños sobre a falta de mantemento do alumeado público dos nosos barrios e parroquias, tamén no casco urbano de Ponteareas ademais de que algunha que outra rúa quede varios días sen alumeado público, evidéncianse varios pasos de peóns que teñen unha reducida iluminación e outros teñen incluso dende hai meses as súas lámpadas fundidas, o que agrava a seguridade dos peóns, como son: o paso de peóns situado trala casa do Concello, o situado no rotonda de Mondariz fronte ao complexo deportivo Álvaro Pino, o situado fronte ao supermercado Día, o situado fronte a Estación de Autobuses ou o situado á altura do número 24 da rúa Trobador Xoán García de Guillade onde a farola leva meses sen cambiarlle a lámpada,

Por todo o exposto, esiximos ao Concello que con urxencia repoña as lámpadas das farolas que están sobre estes pasos de peóns, ademais de levar a cabo un mantemento xeral da rede de alumeado público, segundo o Partido Popular, agora non vale a escusa de que non teñen persoal, xa que hai que recordar que o goberno tripartito de Ponteareas dende o inicio desta lexislatura contratou a unha empresa externa para o mantemento da rede de iluminación pública, o que antes dicían que se privatizaban os servizos agora din que os suplen.