Acuerdo Pleno Inv Ctra Angoares

O PP acusa ó alcalde de mentir en relación á seguridade viaria da PO-403 (Ctra Salvaterra-Mondariz, tramo Ponteareas)

 

  • O PP de Ponteareas solicitou e apoiou sempre todas aquelas actuacións de mellora desta ou doutras estradas.

A raíz da nota de prensa enviada aos medios de comunicación en días pasados polo BNG de Ponteareas, referente á mellora na seguridade viaria na PO-403, na que acusaba ao Partido Popular de que “xoga coa seguridade da veciñanza“ en relación ás melloras na seguridade viaria da PO-403 Ponteareas-Salvaterra, dicir que isto é totalmente falso, porque remontándonos ao ano 1999, foi o PP de Ponteareas, con Salvador González Solla ao fronte, o que solicitou reiteradamente a reforma integral desta estrada, así como a construción de beirarrúas nas zonas urbanas, nova iluminación e rotondas.

Ademais, na etapa do Partido Popular ao fronte da Alcaldía, construíse a rotonda do Colexio Fermín Bouza Brey, así como beirarrúas: neste entorno na rotonda, como tamén o tramo esquerdo dende o Froiz ata o entronque coa rúa Perillana, e a instalación de nova iluminación con farolas de ferro fundido.

Por último, dende o PP queremos acusar ao Sr. Represas e ao BNG de mentireiros, xa que na nota de prensa, o BNG dicía o PP votara en contra a unha moción presentada no Pleno Ordinario do 21 de novembro de  2017 respecto da solicitude á Xunta de melloras nesta estrada, cousa que é totalmente falsa tal e como se recolle na acta do propio pleno municipal, onde ademais de aprobarse por unanimidade, o portavoz González Solla sinalaba que nos orzamentos da Xunta existía unha partida xenérica para tramos de alta sinistralidade onde o PP xa fixera unha petición no seu día para que se incluíran melloras de seguridade viaria nesta estrada.

Dende o PP acusamos ao BNG e ao alcalde de mentir e de manipulación política da realidade, falseando acordos plenarios e desinformando á opinión pública, e para rematar, recordarlle ao Sr. Represas que non todo vale en política.