Sesion Plenaria2

O Alcalde volve a ser reprobado por PP, ACIP e EU, neste caso por perder 1 millón de euros

  • Unha subvención concedida polo Inega (Xunta) fai un ano, para facer unha Rede de Calor municipal con Biomasa, que se perde por falta de xestión do alcalde e do seu goberno
  • A responsabilidade é exclusiva do alcalde, porque ademais de demorarse na tramitación, convocou varios Plenos extraordinarios os que nin sequera lle asistiron todos os concelleiros do goberno, concretamente do BNG, unha por chegar tarde cando xa rematara o Pleno e a outra por estar de vacacións

Como di o refrán “non hai dous sen tres” e isto é o que sucedeu no Pleno Ordinario da Corporación Municipal celebrado no día de onte, o GM do Partido Popular levou para o seu debate unha moción na que se pormenorizaba a tramitación caótica e chapuceira da subvención do INEGA, de 1.000.000 de euros para a instalación dun Rede de Calor Municipal con Biomasa, demostrando que o Alcalde nacionalista, Xosé Represas, intentou por todos os medios anular e desprezar ao órgano de contratación que non é outro que o Pleno da Corporación Municipal ao tempo que ignoraba os informes negativos da Secretaria Municipal e se isto non fora pouco, durante o proceso atribuíuse competencias lexítimas da propia Corporación Municipal e que non lle pertencen.

Desde o Partido Popular de Ponteareas queremos deixar claro que estamos a favor de que Ponteareas poida contar, canto antes, cunha Rede Municipal de Calor con Biomasa, co que non estamos de acordo é coa forma de gobernar do Sr. Represas que entende a lei á súa conveniencia, cunha nefasta tramitación da subvención, chea de irregularidades, chegou a adxudicar provisionalmente o contrato a unha empresa que agora está no seu dereito de reclamar e de pedir danos e prexuízos ao Concello, o que motivou que o Alcalde, a toda costa, intentara facer partícipe da súa incompetencia e irresponsabilidade aos grupos políticos da oposición e o máis grave, intentar culpar da súa irresponsabilidade á oposición, chegando ao insulto nos medios de comunicación.

En definitiva, o único responsable da perda de 1.000.000 de euros para esa Rede de Calor é o Sr. Represas e o seu goberno, tal e como lle dixo o conxunto da oposición (PP, ACIP eEU) no Pleno de onte, votando a súa reprobación por esta cuestión.