O PP pide ó Goberno que no próximo Plan Obras da Deputación inclua proxectos para a construcción e remodelación de Casas Culturais

 

  • Dos 2,4 millóns de euros dos Plan Concellos da Deputación, o Concello de Ponteareas só investiu o 1,7% na Rede Municipal de Casas Culturais.

O goberno do Sr. Represas, en dous anos e medio de goberno, non proxectou ningunha obra nova tendente a ampliar e mellorar a Rede Municipal de Casas Culturais.

Desde o Partido Popular compartimos o sentir dos veciños e veciñas e das directivas da Rede Municipal de Casas Culturais que xa están cansados de falsas promesas e de desculpas infundadas e de botar a culpa de todo aos demais.

O que si temos claro é que o actual goberno tripartito, nos dous Plans Concellos da Deputación Provincial 2016 e 2017, só investiu o 1,7% en novas obras da Rede Municipal de Casas Culturais, concretamente na rampla de acceso á Casa Cultural de Ribadetea, obra aprobada a principios de ano e agora ao fin de 2017 aínda está sen executar.

Durante os mandatos de Salvador González Solla como Alcalde iniciouse a “Rede Municipal de Casas Culturais” na que se investiron máis de seis millóns de euros en obras de nova construción, ampliación e mellora das instalacións socioculturais preexistentes, xa que en moitas parroquias no existía un espazo público onde os veciños e colectivos puideran reunirse e onde puideran levar a cabo o desenvolvemento de diversas actividades socioculturais. Con este fin remodelouse integramente o Auditorio Municipal, construíronse novos centros culturais: Arcos, Fozara, Bugarín, Prado, Moreira, Guláns, Guillade, Ribadetea e San Mateo; así como tamén obras de ampliación e reformas na Casa Cultural de Areas, Angoares, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Casa Cultural de San Lourenzo de Oliveira, Casa Cultural de Valverde en Santiago de Oliveira, Cillarga, Centro Cultural dos Muíños de Santiago de Oliveira, Ermida de Pías, Casa Cultural Irmáns Barcia na Portela e Casa Cultural das Cortellas en Padróns.

Pero ademais de construír e colaborar cos diferentes colectivos nas diversas remodelacións, apostouse pola colaboración no seu funcionamento e mantemento, poñendo en marcha tres programas básicos para desenrolo destes centros, como foron o Plan Cultural Municipal, o Plan Formativo Municipal e o Plan de Axudas ao Funcionamento e Mantemento dos Centros; ademais da instalación de diversas zonas de xogos infantís e a pavimentación dos accesos e contornos das devanditas instalacións culturais, e todo isto nunha situación económica moito máis delicada da que se atoparon os actuais gobernantes.

Ao remate da pasada lexislatura, o obxectivo e prioridade do goberno do Partido Popular era terminar esta “Rede Municipal de Casas Culturais” coa contratación da 1ª fase do proxecto de reforma e ampliación da casa cultural de Arnoso, contratación do proxecto da mellora e reforma da Casa Cultural de Couso (Guláns), a ampliación da casa cultural de San Lourenzo de Oliveira, e a construción dun novo centro que satisfaga as necesidades dos veciños de Paredes; do mesmo xeito, buscar unha solución para os veciños de Pías na consecución dun novo centro, rematar a casa cultural da Asociación de Veciños de Padróns en Serra e o remate do auditorio da Casa Cultural de Ribadetea.

O GM do Partido Popular de Ponteareas levará ao próximo Pleno Ordinario de decembro unha moción na que instaremos ao Concello a que no próximo Plan Concellos da Deputación Provincial inclúa partidas económicas nas que priorice estas obras tan necesarias para os veciños e para os colectivos desas parroquias.