O Goberno continua cometendo irregularidades na tramitación dos expedientes

 

-A modificación Orzamentaria levada ó Pleno esta semana non ten crédito nas partidas que se propoñen, co cal o acordo adoptado polo Goberno coa colaboración de EU é un acto nulo.

Esta semana celebrouse en Ponteareas o quinto Pleno do mes de novembro convocado polo Alcalde, que unha vez mais demostra o “descontrol” e a “falta de previsión” nas actuacións deste Goberno.

Nesta ocasión, o Goberno aprobou en solitario e grazas a abstención do concelleiro de EU, a modificación orzamentaria número 53, dun orzamento para este ano 2017 que teñen prorrogado, e que unha vez mais pon en evidencia a defensa que fixo o Goberno do mesmo decindo que era “realista” e que “recollía todas as partidas necesarias”.

Con esta modificación do orzamento por importe de mais de 444.000€, o goberno pretende dar cobertura principalmente a “novos compromisos de gastos” adquiridos, según eles gastos que todavía van contratar, a pesares da advertencia que fai o interventor municipal no seu informe de que os prazos de publicación e exposición pública teñen que cumprirse, e que son para á aprobación inicial 15 días hábiles, co cal no mellor dos casos, tendo en conta os festivos do mes de decembro, esta partida non estará operativa ata o último ou o penúltimo día do ano, non quedando tempo suficiente para contratar, realizar os traballos que pretenden e finalmente que as empresas presenten a factura correspondente dentro deste ano. Dende o PP consideramos que o Goberno minte, porque a realidade disto é que xa gastaron os cartos e agora non teñen crédito para contabilizar as facturas.

Os concelleiros populares posicionáronse en contra desta modificación, principalmente porque as partidas que plantexaba o Alcalde na súa proposta para anular e utilizar nestos novos gastos, non tiñan o crédito que él decía porque xa no mes de maio e xuño, noutras modificacións do orzamento levadas a cabo polo Goberno, xa rebaixaran esos créditos, e foi aportado polo PP copia de informe elaborado polo Interventor municipal no mes de xuño no que decía xa daquela que non existía crédito nas partidas que agora queren reducir.

A concelleira popular, Belén Villar, pediu que se retirase o expediente de modificación orzamentaria para que correxiran as aplicacións utilizadas por outras con crédito suficiente, xa que de non facelo o acordo sería “nulo de pleno dereito”, tal e como informa o Interventor, pero o Sr Represas fixo caso omiso e continuou coa votación a pesares de estar cometendo  unha irregularidade todos os concelleiros que votaron a favor, por ser algo contrario a Lei.