F16c3089012335af8414b146795098dc L

O Goberno “maquilla” unha rebaixa de impostos

 

-Cando estaban na oposición, BNG e PSOE decían que o Concello estaba “arruinado” e ainda así pedían que se reduxesen os impostos, e hoxe que son Goberno, e cun Concello saneado, non queren baixalos.

O PP cree posible e de xustiza que se baixen os impostos porque no Concello de Ponteareas xa rematou o pago da débeda co Estado e porque na actualidade existe un aumento considerable na recadación impositiva que ata agora non existía.

Belén Villar, afirma que co remate a finais do ano pasado do Plan de Saneamento 2014-16, finalizou tamén a retención do 50% no PIE que tiña o Concello dende o ano 2012, e que supuña ter 2,4 millóns de euros menos o ano, que ían destinados a pagar ó Estado os mais de 9 millóns de euros que este lle adiantou o Concello para pagar ós proveedores, dentro do mecanismo de Plan de Pago a Proveedores.

Por outra banda, e derivado dos aforros xerados polas medidas postas en marcha na anterior lexislatura, e pola maior recaudación do IBI, que subiu preto de 1 millón de euros con respecto ó 2012, afirma Villar, as arcas municipais teñen moitos mais cartos na actualidade que en anos anteriores, co cal o Goberno actual, o que non se lle coñece ningunha medida posta en marcha en materia económica mais que as que herdaron do anterior goberno, atópanse agora cun Concello con moitas menos obrigas, con mais recaudación en impostos e en definitiva con mais cartos.

Polo tanto, o BNG e o PSOE deberían cando menos ser coherentes co que decían cando estaban na oposición, “non aceptamos nin un euro de suba nos impostos” e prometeron que si gobernaban “eliminarían o incremento, e baixarían os impostos os valores do ano 2013”. Pois ben, continúa a concelleira popular, hoxe 4 anos despois, están o frente do Concello e nin respetan os acordos plenarios que aprobaron rebaixar os impostos a valores do ano 2013, nin cumpren co prometido por eles, xa que a anunciada rebaixa que fixeron estos días non é mais que unha “maquillaxe” porque manteñen un incremento no Imposto de Vehículos (IVTM) que está entre o 6% e o 12%.

No que se refire o Imposto de Plusvalías resulta que os herdeiros van a continuar pagando polo que reciban dos seus país, e no IBI (Imposto de Bens Inmobles) ó tipo impositivo non lle tocan e as bonificacións que aplican non son significativas para a maioría dos veciños, según o informe do Interventor municipal.