O Goberno é o único responsable se finalmente perde unha subvención de 1 millón de euros

-Fai mais de un ano que o Goberno coñece a concesión da subvención para realizar esta obra, pero durante meses non fixeron nada.

-A Secretaria municipal habilitada informa desfavorablemente o procedemento seguido para adxudicar esta obra de distribucion de calor con biomasa.

-O informe do Inxeñeiro municipal dí que é imposible facer unha obra do calado desta en 15 días cando o mínimo serían 6 meses.

-Os “membros natos” da Mesa de Contratación, interventor e secretario, abstéñense porque non comparten o procedemento de adxudicación

O grupo popular tras as manifestacións feitas polo Goberno local no día de hoxe nos medios de comunicación culpabilizando á oposición de falta de compromiso e posible perda dunha subvención de un millón de euros ó non querer votar a urxencia dun Pleno extraordinario que o Sr Alcalde convocou para o día de onte co fin de adxudicar a obra de “contrucción dunha rede de distribución de calor con biomasa”, queremos manifestar en primer lugar a desfachatez deste Goberno que minte a cidadanía e que pretende trasladar os concelleiros da oposición un problema que eles mesmos xeraron pola súa ineficaz xestión.

A postura do Goberno é de total irresponsabilidade porque fai mais dun ano que iniciaron este expediente e hoxe 15 días antes de ter que xustificar a realización dunha obra para non perder unha subvención de 1 millón de euros, teñan a obra ainda sen adxudicar, e onde os propios informes técnicos que obran no expediente din que é imposible realizar porque o seu período de execución é de 6 meses.

Hoxe foi convocado polo Alcalde outro Pleno Extraordinario e Urxente cos mesmos puntos da orde do día, pero a postura dos concelleiros do PP vaise manter, non procedendo a votar, porque ainda que estamos a favor da realización desa obra, non podemos participar nunha adxudicación que os propios técnicos municipais, como a Secretaria habilitada, informan desfavorablemente, ou os “membros natos” da Mesa de Contratación, como son o Interventor e o Secretario municipais, que por lei teñen que facer a proposta para que o Pleno aprobe e son os que dan garantías os concelleiros da corporación municipal de que a adxudicación que se vai levar a cabo cumpre coa legalidade, abstivéronse e non quixeron participar.

Se o Goberno ten claro que o expediente cumpre coa lei, ten os membros suficientes para sacalo adiante, porque o Sr Costas de EU xa manifestou que vota a favor. O problema é que o Goberno ten algún dos seus concelleiros de vacacións e non viñeron ó Pleno, e queren responsabilizar delo ós da oposición.

A situación é de total irregularidade asumida íntegramente polo Alcalde e o seu equipo de goberno xunto, porque ten informes desfavorables da Secretaria municipal que non lles fan caso, ten unha Mesa de Contratación onde os membros natos da mesma non votan e se absteñen porque non ven claro o procedemento seguido, e xa para remate, entre a documentación do expediente aparece un correo electrónico no que a empresa que o Sr Alcalde propon para que se lle adxudique a obra, xa dí antes de saber que vai ser a adxudicataria que ten o proxecto feito e xa presentou o aval.

En definitiva, o expediente está cheo de irregularidades tal e como manifestan os técnicos municipais, e dado que a obra debe ser adxudicada polo Pleno, o Sr Alcalde pretende trasladar a responsabilidade dunha adxudicación totalmente ilegal os membros da Corporación municipal, cousa que o PP non vai consentir, de ahí a nosa postura de non participar na votación.