Residencia  Foto Salvador

Unha das premisas do traspaso da Residencia de maiores é que non se perdan postos de traballo

 

-Estamos a favor do traspaso da Residencia de maiores a Xunta de Galicia, pero non porque este servizo lle custe cartos ó Concello xa que nos últimos dous anos tivo superávit por mais de 85.000€

 

Nos pasados días saía o Goberno nos medios de comunicación para incidir no traspaso á Xunta de Galicia da Residencia municipal, cuestión coa que o PP está dacordo, tal e como  sempre defendemos, posto que na lexislatura pasada non deixamos de traballar para tratar de acadar ese obxetivo, reuníndonos en múltiples ocasións coa Consellerías que interveñen no traspaso para negociar a transferencia do servizo con todas as implicacións que elo supón, sen esquecer a casuística do persoal municipal que alí traballa.

O Goberno pretende agora demostrar que son eles os que mais fan, pero xa esqueceron que fai pouco tempo a situación da maioría dos 20 empregados municipais que traballan na Residencia era crítica no caso de producirse a transferencia do servizo do Concello a Xunta de Galicia porque corrían o risco de perder os seus postos de traballo ó non ser fixos.

O Goberno do PP na anterior lexislatura buscou solucionar esta problemática dos traballadores poñendo en marcha un proceso de consolidación que garantizou dende principios do ano 2015 os postos indefinidos de camareiras, auxiliares de clínica e conserxes que levaban prestando o servizo na residencia municipal dende facía moitos anos, e hoxe a diferencia de antes e a pesares do posicionamento en contra de BNG e PSOE, podemos decir con tranquilidade que estos traballadores teñen garantido o seu posto de traballo cando se produza dito traspaso.

No que se refire a Xunta de Galicia, hai que decir que esta administración sempre colaborou co Concello de Ponteareas sufragando a maioría dos custes deste servicio, sendo  mais de 475.000€ o importe que transfire ó Concello cada ano, co cal o servizo da residencia de maiores entre esta subvención e a aportación que fan os usuarios que alí residen cubre mais do 100% do custes, xerando todavía para o Concello un superávit no servizo que nos últimos dous anos, según as contas presentadas por este Goberno, ascendeu a mais de 85.000€.