Belen8

O Estado ingresa ó Concello 36.070 euros da Liquidación do ano 2015

 

-O goberno tripartito recaudou durante o ano 2015 por IBI 3,5 millóns de euros, un 30% mais que no ano 2014, e contrariamente ó que afirmaba o concelleiro de facenda, o Sr Floreal, a Liquidación do Estado para o 2015 é positiva.

 

A concelleira popular Belén Villar, ven de resaltar o ingreso de 36.070 € que recibiu fai uns meses o Concello de Ponteareas correspondente a Participación dos Tributos do Estado (PIE) do ano 2015, ingreso a maiores dos 4,4 millóns de euros que cada ano o Estado transfire ó noso Concello.

Votamos en falta nesta ocasión, continúa a concelleira, que o Goberno nos informase ós grupos deste ingreso así como das explicacións que o concelleiro de facenda, o Sr Floreal Alonso debía dar neste caso, porque contrariamente o que él sostuvo o ano pasado cando a liquidación do 2014 foi negativa e culpabilizaba delo ós elevados valores catastrais, e en cambio a liquidación do ano 2015 é positiva e os valores catastrais nese ano non baixaron.

Tamén decía o concelleiro de facenda, o Sr Floreal Alonso, que o Plan de regularización catastral que entrou en vigor no ano 2015 e que permitiu incluir no catastro aquelas vivendas e parcelas que non estaban dadas de alta, ía perxudicar ó Concello pola maior recadación por IBI o cal suporía que as futuras liquidacións que realizara o Ministerio de Facenda ían a ser negativas, pois ben, non sucedeu o que él afirmaba senon todo o contrario, o Concello recaudou 3,5 millóns de euros no ano 2015, 1 millón de euros mais que o ano anterior, e en cambio a liquidación do Estado é positiva en 36.070 €.

Parece que unha vez mais, o tempo da a razón a quen a ten, e neste caso ós concelleiros populares en Ponteareas que cando o Alcalde e o Concelleiro de Facenda sairon nos medios de comunicación alarmando a poboación porque o Estado lles había comunicado unha liquidación negativa dicían que era culpa dos elevados valores do IBI, cousa que é falsa porque a variable que mais afecta para que o Estado calcule o reparto do PIE non é a capacidade tributaria (recadación de impostos) do concello senon a poboación.

Outro tema que tamén nos chama a atención, afirma Villar, é que o Sr Alcalde con esos cartos que ingresou a mais fixo unha nova modificación orzamentaria, sin consultar nin consensuar co resto dos grupos da oposición, incrementando partidas do orzamento prorrogado como é o gasto en telefonía, en correos e en informática, corroborando o que sempre denunciou o PP, que o orzamento era pouco realista e as partidas eran insuficientes.