Pleno 0915

A modificación do contrato de GOC non perxudica os intereses municipais, porque só supón pagarlle en tres prazos o que ata agora era en dous

 

No Pleno ordinario do mes de outubro, celebrado esta semana, o Goberno local propuxo unha modificación do contrato que ten o Concello con GOC, empresa redactora do PXOM, para reaxustar o cronograma dos pagos.

A proposta do alcalde non se axustaba exactamente ó que demandaba GOC dende o mes de abril, o cal foi posto de manifesto pola concelleira popular, Belén villar, e implicou que o Sr Alcalde tivese que modificar o acordo final para indicar que a modificación quedaba condicionada á aceptación por parte de GOC destos prazos de pago, porque no expediente non aparecía a conformidade, e según o informe do asesor xurídico era necesaria.

Os concelleiros populares, afirma Belén Villar, apoiamos esta modificación contratual porque non implica maior coste para o Concello ó supor únicamente que o importe que resta por pagar do Contrato vai ser desembolsado en tres prazos, en vez de en dous como figuraba ata agora, cousa que entendemos non pon en risco o remate dos traballos nin a aprobación final do PXOM.

O documento do PXOM é unha prioridade para o noso Concello e nesa liña levamos traballado dende sempre, non coma o goberno que presume de aprobar provisionalmente o PXOM, cando parte do goberno nin sequera apoiou dita aprobación e tivo que ser, unha vez máis, o PP por responsabilidade, quen votara a favor para que o documento tivese a maioría absoluta necesaria.

Dende as filas populares, demostramos novamente co apoio a proposta do Goberno dunha nova cronoloxía de pagos a GOC, que somos coherentes coas nosas posturas e que defendemos o que sexa positivo para Ponteareas, independentemente de que veña proposto por un ou outro grupo político, e criticamos a actitude dos membros do goberno, BNG e PSOE, que cando eran oposición, no ano 2014, o goberno popular presentou ó Pleno unha proposta similar á que agoran traen eles, para o mesmo Contrato con GOC, e daquela non a apoiaron ainda tendo todos os informes técnicos favorables, tanto da Secretaria, como da Arquitecta e do Interventor municipais.