Veciños da Avenida Castelao séntense desprezados e ninguneados polo Goberno do Sr Represas

 

  • Como non atenderon ás súas peticións, recolleron e entregaron no consistorio 273 sinaturas dos veciños afectados para que o Concello constrúa un tramo de beirarrúas polo que poder circular entre os números 65 e 71 da Avenida Castelao.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas facémonos eco da demanda que lle están a trasladar ao Concello as comunidades de propietarios e veciños en xeral da Avenida Castelao para que o Concello constrúa un beirarrúas entre o número 65 e o 71.

Despois de que varios representantes das comunidades de veciños dos edificios adxacentes se entrevistaran en diversas ocasións co goberno local, a día de hoxe, 28 de setembro de 2017, non contestaron ás súas demandas.

Dicir que na avenida Castelao existe un tramo de rúa que a día de hoxe aínda non conta con beirarrúas polas que poidan circular os peóns. O tramo en cuestión presenta unha perigosa ribada descendente de varios metros, cun estreito beirarrúas de xabre polo que non poden circular persoas en cadeiras de rodas, para sortear este tramo teñen que saír á rúa e pasar entre os vehículos aparcados e os que están a circular.

Na lexislatura pasada, sendo alcalde Salvador González Solla, seguiuse co plan de humanización de distintas rúas do núcleo urbano de Ponteareas: Reveriano Soutullo, Amado Garra, mellora do entorno da Fonte do Baratillo, Fernández Vega… na Avenida de Castelao construíse o beirarrúas na marxe dereita ata o supermercado Froiz ao que ademais se lle instalou unha nova iluminación con farolas de ferro fundido, quedando pendente a construción do beirarrúas da marxe esquerda entre os números 65-71.

Ante esta demanda, o GM do PP de Ponteareas presentará unha comparecencia para o próximo Pleno da Corporación Municipal para que o Alcalde dea unha resposta pública a esta xusta solicitude veciñal.