Directos Carreteras Urrechu – N120

Solla e Villar reúnense co Director Xeral de Estradas do Estado para tratar as obras da N120 e da Variante de Ponteareas

  • O Director Xeral de Estradas de Ministerio de Fomento, Jorge Urrechu, reuniuse con Salvador González Solla e cos representantes das parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso

O pasado martes, 19 de setembro, na Subdelegación do Goberno en Pontevedra celebrouse unha reunión solicitada polo Partido Popular de Ponteareas á que asistiron o Director Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, Jorge Urrechu, a Subdelegada do Goberno, Ana María Ortiz; o Delegado da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís; o Xefe de Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, Ángel González del Río; o Xefe de Estradas en Pontevedra, Pablo Domínguez; os representantes das parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso; mailos concelleiros do PP de Ponteareas, Salvador González Solla e Belén Villar.

Nesta reunión Salvador González Solla, en nome do GM do PP de Ponteareas, transmitiu ao Director Xeral de Estradas o seu agradecemento e moi en especial á actual Presidenta do Congreso e anterior ministra de Fomento, Ana Pastor, polo cumprimento do seu compromiso adquirido no seu día cos ponteareáns ao incluír no orzamento do estado 2017 case que 22 millóns de euros para as obras de mellora da seguridade viaria na N-120 e para a construción da nova variante de Ponteareas, o que supón para os populares unha inversión histórica en materia de estradas para o concello de Ponteareas.

Pola súa parte, o Director Xeral de estradas informou que en breve, no mes de outubro, se adxudicarán as obras do proxecto de mellora do alumeado público deste tramo da N-120 para as que se destinou a cantidade 220.000 euros. Ademais, respecto ás obras de mellora da N-120, para as que hai habilitadas unha partida de 2,2 millóns de euros, o Director Xeral de estradas trasladoulles aos asistentes que a Orde de Estudio previa a dita obra xa está concluída para a inmediata licitación da redacción do proxecto de execución, no que destaca a construción de varias rotondas cos seus respectivos entronques, unha senda continua paralela á estrada dende Xinzo ata o núcleo de Ponteareas, pasos de peóns, semáforos con regulador…

Tamén o Director Xeral do Ministerio e o Delegado Provincial da Xunta informaron da situación do “Protocolo de Colaboración” asinado na pasada lexislatura pola exministra de Fomento, Ana Pastor, a Conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia , Ethel Vázquez e o exalcalde Salvador González Solla que recollía o compromiso da redacción e execución da Variante de Ponteareas no que informaron que o Ministerio xa elaborou un borrador de convenio que en breve será remitido ás distintas partes para a súa validación e sinatura polas tres administracións.

Salvador González Solla agradeceu o cumprimento dos compromisos do Ministerio e a implicación dos veciños para a consecución destas obras.