Rueda De Prensa Sede Pxom 30sep2016

O PP agradece á Xunta de Galicia a inversión de 145.000€ nas nosas parroquias

  • A orde de axudas destinadas ás asociacións veciñais 2017 da Xunta de Galicia vén a cubrir a desaparición dos plans de axudas que a Deputación de Pontevedra destinaba ás asociacións.

A orde de axudas destinadas ás asociación veciñais 2017 da Xunta de Galicia destinou ao concello de Ponteareas 145.000 euros que xunto coas subvencións do ano 2016 suman un total de máis 250.000 euros.

As obras que se subvencionan con estes fondos van destinados ao acondicionamento de casas culturais, a obras de mellora e reparación de depósitos de auga de traídas parroquiais e tamén a tamén acondicionamento de cemiterios parroquiais, entre outras.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas queremos mostrar a nosa satisfacción na que un ano máis a Xunta de Galicia, a través do Plan Específico de Acción Comunitaria posto en marcha destine, por segundo ano consecutivo, importantes fondos económicos para que as distintas Asociacións que temos no termo municipal poidan levar a cabo obras de infraestruturas básicas parroquiais.

Nas anteriores lexislaturas do PP no goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, estes colectivos dispoñían de diversos plans de subvencións para poder facer fronte a estas melloras e reparacións das súas infraestruturas. Co novo goberno provincial (PSOE-BNG) elimináronse estas axudas e a actual presidenta do ente provincial afirma que co Plan de Concellos quedan máis cubertas todas as necesidades que as asociacións poidan ter e para elo diríxeos ao Concello argumentando que este é o que coñece mellor as necesidades dos seus veciños.

Nembargantes o que acontence é que as asociacións veciñais, de montes… van ao Concello a solicitar axudas para as melloras das súas infraestruturas e o goberno e o Alcalde dinlles que non hai cartos e o que en realidade sucede é que cando deciden os proxectos para incluír no Plan de Concellos non contan para nada con estes colectivos veciñais.