Alcalde – Manifesto A Favor Independencia

O PP denuncia que Represas utiliza a súa condición de alcalde para facer reunións e apoloxía do independentismo

  • Represas acudiu esta semana en condición de alcalde a un acto organizado polo BNG para mostrar o seu apoio á reivindicación do actual Goberno catalán e reivindicar tamén o dereito para decidir en Galicia.
  • PP lémbralle que representa a todos os veciños de Ponteareas e non pode utilizar o poder para facer este tipo de manifestacións en nome do concello polo que solicitará en pleno a anulación dese manifesto.
  • Ademais o Grupo Popular pregunta ao PSOE se está de acordo con este manifesto asinado polo alcalde Represas no que mostra o apoio do Concello de Ponteareas aos independentistas cataláns. 

O Grupo Municipal do PP non vai consentir que se utilice a alcaldía de Ponteareas para usos partidistas e ideolóxicos. Por iso denuncia a firma de Represas nun manifesto en apoio aos alcaldes independentistas de Cataluña. “Fíxoo en condición de alcalde de Ponteareas, cando aí estaba a representar en tal caso ao seu partido político e non aos veciños do noso concello. É vergoñoso que con todas as cousas que hai que facer no noso municipio pérdase o tempo desta forma, non imos consentir estas actitudes”.

Ademais o grupo popular de Ponteareas pregúntase se os socios de goberno de Represas están ao tanto desta posición e da sinatura deste manifesto. “Queremos saber se o PSOE sabía da firma deste manifesto ou se pola contra foi unha decisión deliberada polo propio Represas sen ter en conta aos seus socios de goberno”.

O Partido Popular solicitará en pleno a Represas que anule esa sinatura na  súa condición de alcalde de todos os ponteareáns e que se poña a traballar polos veciños de Ponteareas que é para o que foi encomendado grazas ao apoio doutros partidos políticos.