Edificio Concello2

O Goberno endeuda o Concello cun Préstamo de 400.000€ a devolver en 15 anos

Despois do esforzo feito durante as últimas dúas lexislaturas para lograr sanear o Concello, con medidas de aforro e control do gasto que permitiron reducir as débedas municipales e facer fronte os mais de 20 millóns de euros que se debían fai dez anos, hoxe que se está a piques de rematar co pago de todas as obrigas, gracias ó Plan de Saneamento e ó Plan de Axuste, o Goberno actual presidido polo nacionalista Xosé Represas vai endeudar o concello en  400.000€, gastando eses cartos e non pagándoos.

O pasado mes de xuño o Alcalde firmou un Préstamo coa Diputación de Pontevedra para que lles deixe 400.000€ que van a gastar este ano e que van a devolver os gobernos futuros durante 15 anos, é decir ata o ano 2032.

Estos son os gobernantes responsables, que presumen de aforradores, pero que na realidade gastan mais do que poden e que cando teñen que pagar non o fan, e logo teñen a “desfachatez” de acusar a outros de haber endeudado o Concello, con gastos que non pagaron, sen darse conta que eles están a facer o mesmo.

Dado que unha operación de Préstamo coma esta debe ser autorizada polo Pleno municipal, este Goberno que xa firmou o Contrato fai meses agora ten a obriga, porque así llo indica a Secretaria municipal e o Interventor municipal, de levar o asunto ó Pleno para a súa aprobación.

Será no Pleno Extraordinario que se celebrará mañán cando o Alcalde proporá que a Corporación acepte este Préstamo a devolver a 15 anos. Para o PP a aceptación disto é unha nova contradicción deste Goberno, tanto por ser proposto por eles que sempre criticaron as deudas históricas do Concello, como polo período de devolución do mesmo, que é de 15 anos, cando perfectamente podíase devolver en un ou dous anos, porque dende o inicio deste ano o Concello está a ingresar do Estado 2,2 millóns € mais o ano e polo tanto non é procedente que endeuden Corporacións futuras, mais aló da súa lexislatura.

Todo este expediente é unha mostra mais da improvisación e nefasta xestión que está levando a cabo este Goberno, porque este é un asunto que teñen fai moitos meses enriba da mesa, que tiveron tempo para asegurarse cómo é o seu trámite, e que agora convocan un Pleno Extraordinario e Urxente para aprobar un expediente que o Alcalde “sobrepasando as súas competencias” xa firmou fai meses, tan só co fin de non dar conta os restantes membros da Corporación municipal.