Rueda De Prensa Sede – N120 – Diputado Tomas Fole

O PP agradece o compromiso do Ministerio de Fomento coas grandes infraestructuras a executar en Ponteareas

  • Preto de 22 millóns de euros para a Variante a Ponteareas e para a mellora da Seguridade Viaria da N-120

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas queremos agradecer ao Ministerio de Fomento e en especial á Presidenta do congreso e exministra de Fomento, Ana Pastor, polo cumprimento do seu compromiso adquirido no seu día co exalcalde Salvador González Solla e cos ponteareáns, ao incluír nos orzamentos do Estado do ano 2017 varias partidas plurianuais, cun montante total de 22 millóns euros destinados á mellora da seguridade viaria da N-120 e para a variante a Ponteareas.

Dende o GM do Partido Popular sentímonos satisfeitos de que, por primeira vez, nos orzamentos do estado se destine unha partida tan importante para estas dúas obras de especial relevancia para Ponteareas.

Cabe recordar que durante os gobernos do PP de Salvador González Solla sempre se apostou polas grandes infraestruturas necesarias e prioritarias para o común da veciñanza: rematar o saneamento integral das parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas, conseguido grazas á inestimable colaboración veciñal; a consecución da nova ETAP de Ponteareas que permite garantir un óptimo subministro de auga aos veciños de Ponteareas e remodelación do saneamento e construción do paseo do regato da Venda, co que se resolveu un grave problema de salubridade e de calidade da auga do río Tea ao seu paso pola vila. Estes foron compromisos adquiridos no seu momento e feitos realidade.

No que respecta ás manifestacións feitas nos medios de comunicación por parte de Xosé Represas en referencia a estas dúas obras contempladas polo Ministerio de Fomento, en primeiro lugar, dicirlle dende o PP, que foron os veciños os que grazas á súa implicación constituíron a Plataforma N-120, polo que son eles os que deben encabezar a mesma, non o Alcalde, dicirlle que ata o de agora o único que fixo é saír na foto, pero que realmente non fixo absolutamente nada, que non fai falta que lidere nada, que atenda ao seu, que en vez de esixir o cumprimento dos compromisos doutras administracións, que non perda máis subvencións destinadas a mellorar a calidade de vida dos veciños, que convoque a comisión de seguimento das contratacións externas, que ditamine a comisión de seguimento do asfaltado da estrada de Canedo. En segundo lugar, o señor Represas e o seu goberno aínda están a dixerir a sorpresa que lles supuxo que o Ministerio de Fomento e a exministra Ana Pastor, comprometeran, por primeira vez na historia de Ponteareas, unha partida tan importante para a consecución destas obras. En terceiro lugar, dicirlle que todos estamos implicados comprometidos en atender os intereses e prioridades dos nosos veciños e sobre todo, que dende o PP de Ponteareas seguiremos traballando polo benestar dos nosos veciños.