Parque Infantil A Perillana – Estado Actual2

O Goberno pontareano «malgasta» os cartos públicos

 

No Pleno extraordinario celebrado o pasado 7 de agosto, o Goberno municipal aprobou un proxecto para “rediseñar” o parque infantil existente na zona da Perillana, para o cal destinará mais de 57.000€.

Todos os grupos da oposición manifestáronse en contra de dita inversión por considerala un gasto innecesario, afirma o portavoz do grupo popular, van tirar todo o existente para facer un rediseño, cando cun mantemento do mesmo e reparación dalguns dos seus elementos quedaría perfecto, e eses cartos poderían destinarse ó mantemento doutros parques infantís xa existentes ou incluso a construcción dalgún novo.

Esta é unha vez mais, a mostra de que Ponteareas conta cun equipo de Goberno que gasta sen control e que non prioriza nas súas actuacións, porque este parque foi reformado e rehabilitado non fai moito tempo polo anterior goberno municipal, e calquer veciño pode acercarse ó Parque da Perillana e comprobará que esa zona infantil o que necesita é un mantemento dos seus elementos e do seu entorno, cousa que este goberno tripartito non fixo ata agora.

A sorpresa dos concelleiros populares foi máxima cando na celebración do Pleno o Alcalde dixo que os elementos que están no parque infantil vanos a levar para outro sitio, co cal preguntámonos si para este goberno hai parques infantís de primeira e de segunda, porque si van a reparalos tamén podían facelo agora e deixalos onde están, gastando moitos menos cartos que os 57.000€ que van destiñar.