As desculpas do Goberno por non ter limpos os viais municipais e as praias fluviais, son lamentables

 

Para o PP as últimas declaracións feitas polo Goberno Municipal nas que achaca a falta de limpeza e desbroce dos viais municipais, praias e paseos fluviais ao retraso da Xunta de Galicia en resolver a concesión dunha subvención para contratar desempregados, resultan máis que sorprendentes, ridículas e lamentables.

Segundo o portavoz do PP o Sr. Represas e o seu goberno seguen dous anos despois no goberno sen asumir os seus propios erros e tratan unha vez máis de culpar deles a outras administracións, neste caso á Xunta de Galicia.

Para o PP é unha vergonza que o Sr. Represas e o seu Goberno mintan tan descaradamente buscando escusas falsas para xustificar o abandono que sofren as nosas parroquias e o elevado gasto que seguen realizando na contratación de distintas empresas de desbroces, algunha delas afíns politicamente.

Ademais, dende o PP queremos recordar que durante estes dous anos de goberno tripartito o estado no que se atopan os nosos viais, os nosos recursos turísticos, praias e paseos fluviais non é unha cousa puntual deste verán, como tentan trasladar dende o goberno, se non que a situación dos nosos viais e praias e paseos fluviais foi e segue sendo moi lamentable e nunca por falta de persoal como agora tentan xustificar dende o goberno local, pois xa no ano 2015 este goberno contou, nada máis e nada menos que, con 84 traballadores procedentes da Xunta e Deputación, no ano 2016 con 54 e agora con 34, ademais da contratación de diversas empresas de desbroces externas, e aínda así a situación seguiu sendo a mesma.

Polo tanto, queda claro que esta situación de abandono do noso rural e zonas públicas non son unha cuestión de máis ou menos traballadores, xa que cando tiñan máis que en ningún ano, fixeron o mesmo, ou sexa, nada, con 84; nada con 54 e agora, nada con 34, porque isto é unha cuestión de boa planificación e xestión, cousa que non existe neste goberno tripartito.

Tan só sinalarlle ao Sr Represas que antes nos gobernos do PP, con moitos menos traballadores procedentes dos plans de emprego da Xunta e Deputación, e sen contratar a ningunha empresa externa de desbroces se atendían puntualmente as nosas parroquias, os nosos zonas turísticas, praias e paseos fluviais.

Esta é a verdadeira realidade para moitos colectivos e veciños como tamén para o PP e os únicos culpables e responsables do abandono absoluto do noso rural, dos nosos enclaves turísticos, praias e paseos fluviais é este Goberno tripartito, e en especial o Sr. Represas como concelleiro de Medio Ambiente e o Sr. Troncoso como concelleiro de Medio Rural, que en vez de seguir culpando a outras administracións e a outros da súa nula e nefasta xestión e planificación o que deberían facer é presentar a súas dimisións por ineficazes e incompetentes.