Rueda De Prensa Sede – N120 – Diputado Tomas Fole

Fomento licita as obras de Reforzo da Iluminación na N-120 en Ponteareas

 

Tal e como se comprometeu o PP, coa aprobación deste proxecto por importe de 219.231,94€, melloraranse as condicións de seguridade vial tanto para a circulación de vehículos como de peóns o paso polas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas.

O Ministerio de Fomento, según publicación no BOE do día 11 de Agosto de 2017, licitou as obras “Reforzo de Iluminación na N-120 do p.k. 645+200 a p.k. 649+900, no término municipal de Ponteareas.

Dende o grupo popular en Ponteareas, sentímonos satisfeitos porque se cumpre o compromiso adquirido con veciños, e vamos a seguir traballando para que canto antes se inicien o resto das obras que o goberno do Estado se comprometeu para con Ponteareas nos últimos orzamentos, e que se corresponden coa “Circunvalación de Ponteareas” e a “Reforzo Seguridade Vial na N-120”, actuacións para as cales existe unha reserva de cartos nos orzamentos do Estado que ascenden a 19,20 millóns de euros e 2,22 millóns de euros respectivamente.