Falta Mantemento A Freixa2

O PP pide a dimisión do Concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Represas, polo estado de abandono e falta de limpeza dos areais do Río Tea

 

Despois das múltiples queixas trasladadas ao Concello, tanto verbalmente como por escrito, por parte de veciños e de distintos colectivos que denuncian como se atopan as nosas praias fluviais e o propio paseo fluvial do río Tea, vendo que vai pasando o verán e que non se fai nada, non lles quedou máis recurso que constituírse en Plataforma “Tea Vivo, Tea sin basura” desde onde dirixir as súas queixas e ante a desidia do Goberno Local, decidiron saír nos medios de comunicación para denunciar publicamente como usuarios dos areais da Freixa e do Paseo Fluvial, do estado de abandono, falta de limpeza xeneralizada e de contedores, en vista disto decidiron eles mesmos limpar e retirar o lixo do propio areal da Freixa.

Para os populares é incomprensible que en pleno mes de agosto, momento de máxima afluencia de bañistas a estas zonas de ocio, teñan que ser os propios veciños e usuarios os que deciden tomar esta medida ante á deixadez de funcións do propio alcalde e concelleiro de medio ambiente.

Segundo o Grupo Municipal do Partido Popular, o Sr. Represas, como concelleiro de medio ambiente, debería presentar hoxe mesmo a súa dimisión polo estado abandono e falta de limpeza que presentan os areais e paseo fluvial, e todo a pesar de ter o maior número de traballadores contratados e, aínda por enriba, seguen a contratar sen ton nin son a distintas empresas de desbroces, algunha delas afíns politicamente ao goberno local.