88a07779463fcb36b69aa3ddbde1a262 L

O Goberno comete irregularidades para solucionar problemas historicos co persoal municipal en vez de rematar a RPT

 

O Goberno ven de plantexar ós grupos da oposición dous expedientes que levará o Pleno Extraordinario convocado para o próximo luns para regular a Productividade do persoal funcionario e para modificar as retribucións a baixa de dúas prazas de administrativos.

Na Comisión informativa que se celebrou no día de onte, os concelleiros do Partido Popular, votaron en contra de ambos expedientes, porque no caso da “modificación das retribucións a baixa de dúas prazas de administrativos”, o expediente conta cun informe da Secretaria municipal habilitada que é desfavorable, e ainda así o Alcalde considera que o mesmo non é vinculante e pódese continuar a tramitación.

No outro caso, que é o de crear un regulamento para o reparto da productividade, os concelleiros populares están en contra porque entre os condicionantes para dar ou non un diñeiro a mais a un funcionario está o feito de que “veñan a traballar o 90% da súa xornada” cousa que parece “subrrealista”, premiar a un traballador que non cumpre co 100% da súa xornada.

Tamén pretenden deixar fora do acordo do Regulamento de Productividade a partida que na actualidade se está repartindo entre os funcionarios en concepto de productividade, cousa que é totalmente ilegal e que vai perxudicar ós traballadores que neste momento a perciben porque corren o risco de ver reducido o seu salario.

En calquer caso o Alcalde decidiu seguir adiante cos dous expedientes de persoal, a pesares de que ningún dos grupos da oposición está a favor, porque entendemos que non se pode correxir algo que non está ven aplicado dende fai anos incurrindo en outra irregularidade, e porque o camiño a seguir é a elaboración e aprobación da RPT (Relación de Postos de Traballo) que por outro lado o Sr Floreal, concelleiro de persoal, decía que estaría rematada no mes de xaneiro deste ano, e a día de hoxe, non sabemos nada da mesma, nin os grupos políticos nin os sindicatos.