O Goberno pontareán segue sen aplicar a bonificación do 95% no Imposto de Plusvalías para herdanzas

 

-Dos 272.000€ recadados no ano 2016 co imposto de Plusvalías, o Goberno debe devolver a parte que corresponde a trasmisións de terreos en perdas tal e como fixa unha sentenza do Tribunal Constitucional.

 

Unha vez mais o PP esixiu o Goberno local que leven a cabo a modificación da ordenanza de Plusvalías no Concello de Ponteareas, co fin de reducir o imposto nun 95% para aqueles veciños que herdan dos seus pais ou conxuges.

É a terceira vez que a Corporación municipal aproba esta redución pero o Goberno e en particular o Concelleiro de Facenda non tramita o correspondente expediente, co cal fai mais dun ano que os veciños de Ponteareas podían non ter que pagar por este concepto.

Estamos ante unha bonificación que aparece recollida na lei e que é perfectamente permisible a súa posta en funcionamento.

O Alcalde volveu a xustificar a demora en que non ten interventor municipal, cando isto non é certo porque ten un funcionario cubrindo ese posto que si vale para firmar e informar as outras cousas tamén debe valer para informar a modificación dunha ordenanza.

Outra das xustificacións que da o Goberno é que xa o teñen contemplado no Plan Normativo que aprobou o Pleno a principios deste ano, pero isto para os populares non é suficiente xa que moitos meses antes de ter aprobado este plan a Corporación municipal xa tiña aprobado aplicar esa bonificación para os casos de herdanzas de pais a fillos, e os meses están pasando, o Goberno non a tramita e os veciños continúan a pagar.

Outra das cuestións que o PP pediu o Goberno local é que o Concello deixe de cobrar o Imposto de Plusvalías para aqueles casos de transmisións de terreos nos que existe unha transacción económica na que non existiron ganancias senon perdas, porque hai una sentenza do Tribunal Constitucional recente que declara que nestes casos os Concellos deben devolver o cobrado.

A recadación do ano pasado no Concello de Ponteareas por este imposto ascendeu a 272.000€, importe sobre o que os populares pediron ó Concelleiro de Facenda que diferencie canto se corresponde a recadación por transmisións en perdas que menciona a sentenza do TC, porque tamén a Corporación acordou que o Concello devolve eses importes recadados os veciños, tal e como fixa a sentenza.