Floreal2

O PP reprobará ó Concelleiro de Facenda porque gastou sen control durante 2 anos e incumpriu co Plan de Saneamento 2014-16

O grupo municipal do PP presentou unha moción que será debatida no Pleno deste mes de xullo na que se analizarán algunhas das actuacións que está a levar a cabo o Concelleiro de Facenda na área económica.

Actuacións que están lonxe de ser eficaces, e que despois de dous anos o fronte da concellería, o Sr Floreal Alonso “perdeu a confianza” destes membros da Corporación municipal, porque non fixo un seguimento dos datos nin previu o maior gasto público no que estaba a incurrir o Goberno na aplicación das súas políticas.

Co peche das contas do ano 2016 ponse en evidencia que a recuperación económica non se está a producir pola nefasta xestión que o Concelleiro de Facenda está levando a cabo, por un lado non dando resposta inmediata a unha situación irregular na que se encontra o Concello ó non cumprir co Plan de Saneamento Económico 2014-16 e por outro lado porque o descontrol que prevalece nas actuacións que se están levando a cabo no departamento económico fan que se mude totalmente a senda de recuperación e saneamento das contas municipais, porque a política económica que este Concelleiro leva a cabo alónxase da redución das débedas públicas e da eliminación do déficit público.

Temos que recordar que o Plan de Saneamento 2014-16 aprobado pola Corporación municipal na anterior lexislatura contiña medidas suficientes para sanear totalmente o Concello, e que dende fai dous anos que goberna o tripartito BNG-PSOE-ART coa complicidade de EU, non mudaron ningunha desas medidas, a pesares de que sí podían facelo no caso de ter outras que considerasen mellores. Por elo os únicos responsables deste incumprimento é o Goberno e quen o apoia.

O PP pedirá no Pleno que se reprobe a xestión do Concelleiro de Facenda, o Sr Floreal Alonso, pola súa mala xestión no departamento económico durante os últimos 2 anos o fronte do cargo, así como pola irresponsabilidade manifesta e abandono das súas funcións.