O Goberno tiña sen contabilizar do ano 2016 mais de 530.000€ de gastos pendentes de pagar

 

A xestión tan eficaz que nos quere facer crer este goberno que están levando a cabo en materia económica contrasta totalmente cos datos que logo reflexan as Contas.

Así durante este mes de maio, o Concelleiro de Facenda presentou ó Pleno municipal obrigas pendentes de contabilizar e de pagar por mais de 500.000€ que pertencían o ano pasado e que eran coñecidas, e en cambio “gardáronas nun caixón” coas consecuencias que isto acarrea para o Concello ó xerarse mais intereses de demora, amais de distorsionar os datos reais da contabilidade.

Tamén constatamos que o Goberno incumpriu os propios plans de pago a que se comprometeron, como é o caso de 138.000€ correspondentes a ETAP que eles mesmos fixaron o prazo do 30/xuño/2016 para pagar e rematou o ano e non o fixeron. No mesmo senso que teñen unha sentenza firme para pago dende marzo de 2016 por mais de 200.000€, e despois de pasar mais dun ano, está sen contabilizar e sen pagar, e iso que confeccionaron un orzamento “realista” no mes de xullo, pero no que non incluíron esta obriga, e agora 14 meses despois trouxérono ó Pleno coa consecuente carga de mais intereses de demora.

Do mesmo xeito que tiñan sen contabilizar preto de 200.000€ correspondentes a gastos que eles mesmos contrataron durante o ano 2016, como telefonía que tiñan sen contabilizar dende abril, ou facturas da luz, entre outras, todas elas no Concello dende fai meses. E esperemos que o Alcalde non xustifique isto con que lles chegaron as facturas no ano 2017, porque unha vez revisadas as mesmas tan só un 10% deste importe chegou no mes de xaneiro e febreiro deste ano, pero o resto levan meses no Concello.

Polo tanto, a situación económica ó peche do ano 2016 é aínda peor do que reflicten as contas, xa que ó incluir esta partida de 500.000€ que tiñan nos “caixóns” o Remanente de Tesourería pasaría a valores negativos por preto dos 2 millóns de euros, e vaise seguir mantendo así mentres este Goberno non mude as súas políticas de gasto.