Carretera Cillarga

O PP levará o próximo Pleno unha moción para solicitar o Asfaltado da Estrada de Cillarga (Ribadetea)

 

O pasado 18 de maio de 2017, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o novo “Plan de Mellora, Ampliación e Mantemento de Camiños Municipais”, para as anualidades 2017-2018, cun orzamento total de 16 millóns de euros, onde os concellos como o de Ponteareas disporán de subvencións directas para este tipo de obras.

Despois de dous anos de goberno tripartito en Ponteareas (BNG, PSOE e Riada do Tea) onde a mellora e mantemento da rede viaria municipal foi practicamente nula, a estrada municipal que vai dende o Cruce de Misto ata Cillarga presenta un estado calamitoso, dificultando considerablemente o acceso rodado aos veciños deste barrio ata as súas vivendas, motivo máis que suficiente para acometer de maneira prioritaria e urxente esta obra, é polo que dende este grupo municipal do PP lle vamos a solicitar ao goberno municipal a que proceda, coa maior urxencia, a redactar o “Proxecto de Asfaltado da estrada que vai dende o Cruce do Misto ata o núcleo do barrio de Cillarga”, para que sexa incluído neste Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais; para que non pase como o pasado ano 2016, onde o Sr. Represas e a Sra. Garrote perderon unha subvención de 87.611 euros correspondente ao Plan Marco de Camiños Municipais, anualidades 2015-2016 da Xunta de Galicia, para o proxecto da obra “Mellora da Seguridade Viaria en Cillarga, Cumiar e Mouro”. Unha serie de despropósitos, erros e a absoluta incapacidade destes gobernantes de Ponteareas fixeron que a obra se fora retrasando na súa tramitación, primeiro aprobaron un proxecto sen engadirlle o IVE, tiveron que rectificalo, ao mesmo tempo non enviaron as autorizacións pertinentes e preceptivas polo que lles denegaron a subvención, quedando esta obra tan prioritaria e necesaria para os veciños de Cillarga que sofren día a día a desidia dun goberno (BNG, PSOE e Riada do Tea) que non foron quen de tramitar un expediente en condicións.

Xa case a fin de ano, segundo Salvador González Solla, o Sr. Represas e a Sra. Garrote intentaron emendar o seu erro, de présa e correndo, facendo un novo proxecto “Mellora da Seguridade Vial Cillarga, Cumiar e Mouro, 1ª Fase” cun orzamento de 89.978,74 euros, con cargo á Deputación Provincial.

Finalmente, como saben ben os veciños e veciñas de Cillarga, rematou o ano 2016, onde ademais de perder a subvención da Xunta de Galicia de 87.611 euros para esta obra, agora, estamos a finais de maio de 2017 e non sabemos as razóns de por que as obras seguen sen empezar, cuestión esta que solicitaremos ao Alcalde e á Tenente de Alcalde para que dean as explicacións oportunas.