F16c3089012335af8414b146795098dc L

O PP solicita que se modifiquen e incrementen partidas do orzamento prorrogado que son insuficientes

-O PP solicita que se aumenten as partidas económicas deste ano 2017 para axudar as persoas mais desfavorecidas, e que melloren as subvencións as diferentes asociacións e ós clubes deportivos.

 

Despois de anos de críticas dos grupos BNG e PSOE porque se prorrogaba o Orzamento no Concello de Ponteareas, agora que gobernan iso xa non importa e son eles mesmos os que inician o ano 2017 prorrogando o Orzamento.

O grupo popular está en contra do orzamento prorrogado porque as partidas non se axustan a realidade e isto quedou demostrado coa multitude de modificacións orzamentarias feitas nos últimos 5 meses, e por iso ven de propor unha moción ó Pleno do mes de febreiro co fin de que se inclúan partidas suficientes para atender as necesidades das diferentes asociacións e centros culturais do noso municipio.

O Goberno dispón para este ano 2017 de 2,4 millóns de euros porque xa rematou a retención do 50% no PIE que viña facendo o Estado ó Concello para devolver os cartos que anticipara para o Plan de Pago a Proveedores, e o PP considera que este Goberno está en disposición de mellorar en 180.000€ diferentes partidas económicas.

Para elo 0 PP solicita nunha moción que se incremente a partida das Axudas de Emerxencia social de 90.000€ que está na actualidade ata 120.000€, para poder atender as familias mais desfavorecidas, do mesmo xeito que se reforce o Banco de alimentos municipal  cunha partida de 25.000€. Para os Clubes deportivos e os Centros Culturais, solicitamos que se pase dunha axuda de 40.000€ ata 75.000€, e finalmente que se reserve unha partida de 75.000€ para poder cumprir co acordo plenario do 17/xan/17 no que se aprobou crear unas bases de subvencións de carácter xeral que poidan atender as necesidades daquelas asociacións que non encaixen nas subvencións que xa existen.