A Oposición «vota por terra» a proposta do Goberno de declarar incompatibilidades a 2 traballadores do Conservatorio

 

No Pleno Extraordinario celebrado esta semana o Goberno incluiu nun dos puntos a tratar a aprobación e a denegación da compatibilidade de 7 traballadores municipais.

A Proposta presentada polo Goberno foi aprobada pola Corporación municipal de xeito parcial, e dicir, dos 7 expedientes concedeuselle a compatibilidade a 5 empregados municipais, dos cales catro son do Conservatorio de música e un é monitor do Obradoiro de emprego, para que poidan seguir prestando os servizos noutros centros tal e como veñen facendo cada ano dende fai anos.

Pero onde o Goberno se topou cos votos en contra de PP e ACIP, foi no punto que se refería a outros 2 traballadores, tamén do Conservatorio de música, ós que pretendía declarar incompatible a actividade que prestan no Centro municipal en horario de tarde, coa actividade que prestan noutros Centros en horario de maña, e iso que no Conservatorio impártense as clases ós usuarios polas tardes.

O PP solicitou a retirada do Pleno destes dous expedientes por entender que é discriminatorio con respecto ó resto dos traballadores ós que sí se lles concede, xa que neses casos a Concelleira do servizo, Cristina Fernández, e o Equipo Directivo buscaron a maneira de “cadrar” os horarios de tarde no Conservatorio para eses profesores que traballan tamén pola tarde noutros sitios, e en cambio non fixeron o mesmo no caso dos outros dous, para os que non quixeron consensuar un par de horas á semana, que por enriba son en horario de maña e que foron impostas polo Equipo Directivo de xeito obrigatorio para reunións de departamentos e de profesores, podendo cambialas para calquera outro día da semana.

O Goberno xunto co concelleiro de EU defenderon declarar estas dúas incompatibilidades, aínda sabendo que moi probablemente estes traballadores perdesen os seus postos de traballo nos outros centros educativos, e iso que sempre “pregoan” a defensa do emprego e a súa plena dedicación a conseguir reducir a taxa de paro.

E xa o mais sorprendente, foi que o Sr Represas argumentou como un motivo para negarlles a compatibilidade a estes dous empregados municipais o feito de estar “pluriempleados”, esquecéndose que no seu grupo de Goberno, ten tamén a dous concelleiros (ART e PSOE) cobrando dous soldos por estar a vez en dous postos de traballo.