Ponteareas, ten que pagar este ano 2017 600.000€, lonxe dos 2,4 millóns euros que afirma o Concelleiro de Facenda

-A xestión ineficaz do goberno tripartito estalles costando os veciños soportar mais impostos, e obter menos inversións para o municipio.

 

Novamente vémonos obrigados a respostar nos medios de comunicación ó goberno pontareano ante as mentiras vertidas no día de hoxe nos diferentes medios en relación a que o Concello terá que pagar durante este ano 2017 un importe de 2,4 mill.€ por obrigas anteriores a 2012, e este é o motivo que utilizan para xustificar o porqué non van facer inversións, ou o porqué non reducen os impostos os veciños, que tanto reclamaban cando eran oposición.

A concelleira popular, Belén Villar, que dirixiu a área económica na última lexislatura, afirma rotundamente que estos datos que acaba de facilitar o Sr Represas e o concelleiro de Facenda son totalmente falsos, e están manipulados.

No Concello de Ponteareas, continúa a concelleira, o que ten que pagar este Goberno durante o ano 2017 é, por un lado 131.000€ correspondente a prestamos coas entidades bancarias, e por outro lado 331.000€ a Seguridade Social, aprazamento que remata no ano 2018, e que debemos recordarlle a este goberno que se ven pagando dende o ano 2005 e que era de mais de 11 millóns de euros, que se pagaron 8 millóns entre 2005-2007 e o resto aprazouse a 9 anos, e que parte desta deuda correspóndese coa etapa de goberno do bipartito PSOE-BNG no noso Concello.

A maiores disto, durante este ano deben pagar 150.000€, que é o último prazo da obra de construcción da ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable).

A partir destos datos, sostén a concelleira popular, que coñezamos, non existe ningunha outra obriga á que deban facer fronte e que sexa responsabilidade “doutros”, porque no relativo as liquidacións negativas co Estado, isto non supón gasto para o Concello e non afecta ó Orzamento deste ano, e a maiores, é bo que sepa a veciñanza, que o Estado facilitáballe ó Goberno a posibilidade de devolver eses cartos en 10 anos, pero tanto o Concelleiro como o Alcalde esquecéronse de envialo en prazo e perderon esa posibilidade.

Por outro lado, se ó que se refire o Sr Alcalde como sentenzas é a débeda coa eléctrica Sestelo, decirlle a estes “malos gobernantes” que na última Comisión Informativa na que se tratou este asunto acordouse pedir a Tesoureira municipal un informe de cal é a situación de cada unha das facturas que reclama a empresa no xulgado, porque segundo a Interventora municipal, no ano 2012, estas estaban pagadas na súa maioría.

E finalmente, ante a afirmación que fai o concelleiro de facenda, Francisco Floreal, de que deben “encaixar 400.000€ de facturas que non se fixo”, segundo Villar, o único responsable neste asunto é él mesmo, porque no ano 2015 e 2016 gastou os cartos noutras cousas en vez de darlle cobertura a estas facturas no orzamento, tal e como indicaba o Plan de Saneamento, e por si fora pouco, cando o Sr Floreal elaborou  o Orzamento 2016 xa llo advertía o Interventor municipal no seu informe “que non había créditos suficientes para dar cobertura orzamentaria as facturas que xa están pagadas dende o ano 2012 dentro do Plan Pago a Proveedores”, polo tanto que non busquen culpables onde non os hai. Son eles mesmos os que traballan sen rigor e a súa xestión está plagada de erros que son moi perxudiciais para o noso Concello.

Resulta agora que estos grupos cando eran oposición, momento no cal o Concello estaba pagando 2,4 millóns € ó Estado, mais estos mesmos 600.000€ que deben pagar este ano, e a maiores devolvendo ingresos ó Estado de liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009 que triplicaban o de agora, eles dicían que debíamos baixar os impostos os veciños, e facer saneamento nas parroquias, etc, etc, e agora que gobernan, tan só tendo que pagar 600.000€, e tendo 2,4 millóns € mais o ano do que tiña o goberno anterior enrócanse en que non poden facer nada, que non teñen cartos.