O PP xa propuxo no mes de xaneiro que a Emerxencia Social para este ano 2017 fose de 120.000€

-O PP presentou unha Moción para tratar no Pleno do mes de febreiro con aumentos en diferentes partidas económicas a incluir no Orzamento prorrogado polo Goberno para este ano.

 

O PP sae o paso do anuncio efectuado agora polo Goberno local acerca de aumentar a partida económica de emerxencia social “como todo un acontecemento”,  cando dende o PP levamos mais dun ano solicitándolles que destinen ó menos 120.000€ para paliar a difícil situación daquelas familias mais desfavorecidas do noso municipio.

Sorpréndenos que despois dun ano e medio gobernando, este equipo fose incapaz de destinar mais cartos a este tipo de axudas, sobre todo cando se “postulan” como os grandes defensores destas familias.

O PP presentou unha moción xa no mes de xaneiro para que este Goberno, dado que non fixo un Orzamento para o ano 2017, senon que prorrogou o existente, modificase e incrementase diferentes partidas económicas para que tivesen cartos suficientes que permitisen atender a demanda que existe. Entre estas partidas está a Emerxencia Social, para a cal o grupo Popular pediu que se incrementase ata 120.000€, cuantía que as arcas municipais están en disposición de asumir e que consideramos é o importe mínimo que os grupos políticos de esquerdas que gobernan no noso Concello deberían aprobar.

A maiores, dende o grupo municipal popular, tamén estamos reclamando para este ano 2017, que no Orzamento exista unha partida económica por 25.000€ para o Banco de Alimentos, ó que tamén acuden multitud de familias con poucos recursos que se abastecen de diferentes productos alimenticios.

E xa para rematar, resúltanos “pouco riguroso” que o mesmo concelleiro de servizos sociais, o Sr Troncoso, que fai medio ano modificou a Ordenanza destas axudas, plantexe agora un novo cambio na mesma porque dí que “deixou fora a un gran número de familias que teñen necesidades”, e en cambio teña sin por en funcionamento o tan anunciado “Vale de Compra”.