Salva Andres Berto Suso

O Plan Parcial de A Lomba sempre foi unha prioridade para o PP e unha necesidade, e pídelle o Goberno que deixen de mentir

 

-O PP esíxelles que encarguen dunha vez por todas, tal e como se comprometeron publicamente no ano 2015, a redacción do Plan Parcial da Lomba, e que o Alcalde e os seus socios de goberno se deixen de enredar.

 

Ante as últimas manifestacións en prensa do BNG, en referencia ás acusacións de que ao PP non quere un parque empresarial, González Solla quere recórdalle ao BNG que é totalmente falso que o PP estea en contra da creación de ningún parque empresarial nin da redacción do Plan Parcial da Lomba, o que criticamos é a nula e nefasta tramitación deste asunto polo goberno nestes 18 meses, no que todo se reduciu a simples anuncios de ficción na prensa por parte dos distintos membros do actual goberno local.

Dicir que para que hoxe se poida contratar a redacción do Plan Parcial da Lomba, con anterioridade houbo que levar a cabo unha serie de xestións feitas polo anterior goberno de Salvador González Solla, na que se contratou daquela con fondos municipais o Documento Ambiental Estratéxico (DAE) do Plan Parcial da Lomba previo é necesario como primeira fase pola que ten que pasar todo documento urbanístico para a súa aprobación. Este inicio do trámite ambiental recollese na lexislación (Lei 21/2013) de avaliación ambiental que establece no seu artigo 29 o contido mínimo dun documento ambiental estratéxico que xa foi aprobado daquela pola Xunta de Galicia.

Ademais, durante o goberno do PP de Solla en Ponteareas, neste ámbito do Parque empresarial da Lomba levouse a cabo o asfaltou dos tres accesos viarios existentes dende Ribadetea como de Areas, construíuse unha nova rede de abastecemento de auga para a Lomba e levouse a cabo unha nova rede de saneamento para a zona.

Dende o PP de Ponteareas o único que quixemos manifestar publicamente foi a incompetencia e a irresponsabilidade dos actuais inquilinos do Concello encargados de xestionar o cartos dos veciños, que mentres estaban na oposición dicían que non ían apoiar a aprobación do PXOM mentres o Plan Parcial da Lomba non estivera incluído, e despois, xa no goberno, aprobaron o PXOM sen incluír dito Plan Parcial; como igual lles criticamos que saíran na prensa dicindo que co novo orzamento do 2016 iría incluída unha partida para a redacción do Plan Parcial da Lomba, e posteriormente aprobouse o orzamento sen a comprometida e prometida partida destinada a este Plan Parcial da Lomba. Máis tarde, anunciaron que llo solicitarían á agora amiga Deputación Provincial de Pontevedra, e como lle deberon dar largas, ocorréuselles solicitalo á Xunta de Galicia cando saben perfectamente que nos anos 2008 e 2009 o goberno popular de Solla xa lle solicitará a Xunta do bipartito a súa colaboración do mesmo xeito que o estaba a facer en Vincios e a Conselleira daquela do BNG a Sra. Teresa Taboas deu unha resposta a calada das solicitudes plenarias nas que se solicitaba dita colaboración. En definitiva, agora o importante é botar balóns fóra e culpar aos demais da propia incompetencia e da nefasta xestión que están a levar.

Para rematar, debe quedar claro e patente, que para o Partido Popular de Ponteareas é unha necesidade perentoria e urxente a consecución de solo industrial para que as nosas empresas dispoñan dos mellores asentamentos cos que poder competir en igualdade de condicións nun mundo tan globalizado, para deste modo tamén evitar as interferencias das zonas urbanas coas zonas industriais, cuestión que neste momentos en cun incremento do 50% do PIE mensual (aproximadamente 200.000 euros) o propio concello esta en prefecta disposición para contratar ditos traballos.