PXOM Plano

O PP de Ponteareas acusa de «cinismo e hipocresía» ó Goberno en referencia a toda a súa actuación co Plan Parcial de A Lomba

 

Para o PP as últimas declaracións feitas polo goberno en referencia á súa proposta levada ao pleno municipal para instar á Xunta de Galicia a que inclúa nos seus presupostos unha partida económica para o Plan Parcial de A Lomba responde a súa incapacidade e súa nula xestión, e na que unha vez máis enganaron os empresarios e aos veciños de Ponteareas.

Dende o PP queremos recordarlle ao Sr. Represas e a Sra. Garrote que en política non se pode dicir unha cousa e despois facer outra ben distinta, buscando falsas escusas para tapar a súa incompetencia, xa que parece que tanto o BNG como o PSOE non teñen memoria, porque de todos é sabido que cando estaban na oposición, condicionaban a aprobación provisional do PXOM á aprobación en paralelo do Plan Parcial de A Lomba.

Aínda que uns meses despois, parece que todo isto xa non é así, agora o goberno ademais de presumir como un gran logro a aprobación provisional do PXOM, xustificaron o seu apoio anunciando na prensa no mes de xullo de 2015 que encargarían urxentemente a redacción do Plan Parcial de A Lomba.

Posteriormente, en xaneiro de 2016 a concelleira de urbanismo a Sra. Garrote volvía a anunciar que o goberno condicionaba a redacción do Plan Parcial aos presupostos que estaban xa confeccionando, aínda que unha vez aprobado o orzamento do 2016, en xuño, comprobouse que todo foi un engano xa que non destinaron nin un só euro para esta cuestión.

No último pleno ordinario de decembro de 2016 e a vista de que non fixeran nada do prometido, tratan de ocultar o incumprimento dos seus compromisos e “anuncios públicos de ficción” acordando solicitarlle á Xunta a colaboración para a redacción do Plan Parcial.

Para o PP isto non é mais que unha mostra da falta de rigor dun Goberno que anuncia varias veces a redacción do Plan Parcial de A Lomba e 18 meses despois do seu fracaso, “trasládanlle a pelota” a Xunta sen máis.

A verdade é que o que deberían recordar o Sr. Represas e a Sra. Garrote é que xa nos anos 2008 e 2009, anos de bonanza económica, o goberno municipal do PP levou a pleno unha moción semellante á presentada agora por este goberno na que se lle solicitaba a Xunta do bipartito PSOE-BNG a súa colaboración na redacción do Plan Parcial de A Lomba do mesmo xeito co que o estaba a facer no Concello de Gondomar para a zona industrial de Vincios, cuestión que como deben saber non tivo ningún tipo de resposta nin no ano 2008, nin no 2009 por parte da conselleira do BNG da Xunta de Galicia.

Para o PP a hipocresia e o cinismo deste goberno neste asunto quedan claros cando o BNG e o PSOE, na lexislatura pasada, sendo coñecedores da difícil situación económica do Concello esixían como condición irrenunciable ao Goberno Popular a aprobación paralela do Plan Parcial de A Lomba coa aprobación provisional do PXOM, e agora cunha mellor situación estes mesmos motivos xa non foron imprescindibles, escusándose primeiro en diversos anuncios, despois en que o magnifico orzamento aprobado ía a solucionalo e finalmente “trasládanlle a pelota” á Xunta, cando daquela os seus compañeiros de partido na Xunta nin sequera se dignaron a contestar ao concello de Ponteareas.