Camiones Recogida Basura

O Pleno obriga ó Alcalde a rematar antes do 31 de marzo co sobrecoste no servizo da recollida do lixo

 

  • A maioría da Corporación municipal (PP, EU e ACIP) están fartos da pasividade do Goberno co expediente de FCC paralizado pola Alcaldía e que leva ás arcas municipais a estar desembolsando mais dun 10% do coste que lle corresponde.

No Pleno celebrado o pasado día 28 de decembro, solicitado polo PP, tratouse entre outros o asunto relativo ó Contrato da recollida do lixo e limpeza viaria, que leva 19 meses paralizado por este Goberno e que supón un grave perxuizo económico para os intereses xerais do Concello.

A maioría da Corporación municipal entende que xa está mais que superado o prazo que solicitaron o Alcalde e o seu goberno, de 6 meses, para negociar unha alternativa mellor a que existe dende maio do ano 2015, para resolver as discrepancias do Contrato coa concesionaria FCC, e acordou por maioría (PP, EU e ACIP) dar de prazo ata o 31 de marzo deste ano 2017 para que o Goberno presente unha nova proposta ó Pleno ou ben presente a proposta existente fai 19 meses que conta con todos os informes da secretaria, asesor xurídico e consello consultivo favorables.

Por unha parte debe resolverse a “revisión de prezos do Contrato”, que na actualidade estase pagando según prezos do ano 2010, cando os informes existentes dín que debe actualizarse e que esta actualización supón unha rebaixa no canon de 126.000€ o ano, e que podería o Concello reclamar á empresa o pagado a mais, que ronda os 800.000€.

Por outra banda, está a “renovación da maquinaria”, que tal e como marcaba o Contrato fíxose a principios do ano 2015, e que supuxo a renovación de toda a maquinaria do servizo, co cal retiráronse os camións, barredoras, contentores, etc, que tiñan 8 anos de antiguedade, e que a Corporación municipal quere coñecer ónde se encontran estes e porqué o Alcalde non os vende nunha subasta pública o que suporía ingresos para o noso Concello de 108.000€, según informe técnico existente no expediente.

A Corporación municipal amais de fixarlle ó Goberno un prazo de 3 meses mais, ata 31 de marzo, para que cerre este expediente nos dous asuntos que o conforman, a revisión de prezos e a renovación da maquinaria, esixiulles tamén por maioría que antes do próximo día 20 de xaneiro, reunan os grupos da oposición para dar conta dos novos escritos e informes que existen no expediente, e nos expliquen cales foron as xestións realizadas nestes 19 meses.

Dende o PP non entendemos qué foi o que mudou dende que gobernan o BNG e o PSOE, xa que na anterior lexislatura esixiron durante meses que se rematase coa actualización deste Contrato e que se rebaixase o canon en 200.000€ o ano, e en cambio dende maio de 2015 que teñen todos os informes favorables, son os únicos que non están de acordo con elles e parece que están a buscar outros informes que sexan desfavorables para demorar no tempo o arranxo deste Contrato, sen pensar que están indo en contra dos intereses municipais e dos intereses de todos os veciños, ó pagar mais cartos por un servizo cando con eses cartos poderían mellorar outros.