O PP logrou o apoio do Pleno para esixirlle a Deputación a que manteña e mellore as estradas provinciais de Ponteareas

 

-O PP trasladou ó Pleno o descontento dos veciños de Ponteareas que levan meses denunciando o mal estado dos viais provinciais.

Moitos foron os anuncios en prensa do goberno da nova Deputación sobre o seu compromiso no mantemento e mellora da rede viaria da súa competencia que pasa por Ponteareas, pero a realidade é ben distinta, as estradas están sen desbrozar, os noiros sen desentullar, hai falta de iluminación, escasa sinalización e pintado e nin un so metro lineal de novas beirarrúas.

A Deputación, despois dun ano cun novo goberno, volve cos anuncios en prensa a modo de propósito de Nadal para o ano 2017 en Ponteareas, dun plan de sinalización e de instalación de redutores de velocidade e pasos de peóns sobreelevados, previstos para o verán, cando o prioritario sería que o pintado estivera rematado neste inverno, xa que durante esta estación son moitos os días de néboas e choiva que diminúen as condicións de visibilidade e seguridade.

Ante todos estes propósitos e anuncios, o PP conseguiu que a iniciativa presentada ó Pleno fose aprobada pola maioría da Corporación Municipal, e así aprobouse “instar á Deputación Provincial de Pontevedra a que manteña en perfecto estado de uso as estradas provinciais que pasan polo termo municipal de Ponteareas co fin de evitar accidentes e incidencias das que nos poidamos arrepentir”.

Na mesma Moción o PP solicitou a comparecencia do Alcalde para que dera resposta a cuestións relativas ao mesmo asunto como, se o Concello xa elaborou o informe comprometido segundo o anunciado en setembro de 2015, e de existir, cales son as principais conclusións do devandito informe e en que data foi enviado á Deputación Provincial, e porque tras mais dun ano todo quedou nun “anuncio” e non se fixo nada.

A todas as cuestións que se plantexaron, o Alcalde non deu unha resposta clara e definitoria, cousa que demostra que este Goberno é “complacente” coa inexistente actuación da Deputación co noso Concello, o que pon de manifesto que os intereses dos pontareáns non son unha prioridade.