Pleno 0915

Quen provocou a situación “tensa” no Pleno foi o Alcalde coas súas mentiras

 

-O concelleiro do Partido Popular de Ponteareas, Domingo Freitas Dalmeida, acusa ao alcalde de provocador e mentirán.

 

Os concelleiros do Partido Popular de Ponteareas consideran que o Alcalde foi o único responsable e quen provocou coas súas mentiras e falsidades o desenlace do Pleno Ordinario do pasado día 15, isto fixo que o concelleiro popular dixera que o que estaba a dicir o alcalde que era mentira.

O que interpretan os populares, é que Xosé Represas quixo evadir e retrasar a contestación ás preguntas formuladas pola oposición, empregando como argucia a provocación e mentindo descaradamente, o que provocou a indignación do concelleiro popular, deste xeito, o alcalde ao levantar o Pleno, retrasa un mes, ata o pleno de decembro, para dar resposta á oposición nun tema tan delicado como distintas cuestións relativas á revisión do contrato da recollida do lixo e así non ser escravo das súas propias respostas.

Durante o receso do Pleno, o concelleiro do PP achegouse ao alcalde pedíndolle desculpas polas súas manifestacións para evitar a súa suspensión. Ao reinicio do Pleno, o alcalde non mudou de criterio suspendendo o Pleno.

O concelleiro do PP tacha de irresponsable e de ditador ao alcalde Xosé Represas pola súa actitude intolerante e intransixente moi ao contrario da súa forma de actuar cando el estaba na oposición que en numerosas veces foi responsable e partícipe de moitas disputas dialécticas durante o transcurso de moitos plenos, nos que reiteradamente, faltaba ao respecto ao anterior alcalde, González Solla, e actuando cun comportamento reprobable.

Freitas quere deixar claro que el é un home recto, que lle gusta ir de fronte, coa verdade por diante, e non consinte as mentiras, que por moi altas que se digan, non deixan de ser mentiras; ademais manifesta que el nunca lle mentiu aos veciños de Ponteareas, non como Xosé Represas que enganou aos veciños vendéndolles preferentes, e non o di Domingo Freitas, senón que foron afirmacións da tenente de alcalde, Chus Garrote e doutros directivos do PSOE ponteareán, vertidas na prensa (R. Tébar: 19/04/15, Europa Press do 23 de maio de 2015), así pois, este indigno alcalde, para un pobo como o de Ponteareas, a día de hoxe, non lle pediu desculpas aos veciños que estafou.

Para rematar, Freitas tamén manifesta que se sente humillado, xa que non entende por que o señor alcalde non acatou unha situación propia do debate político, ademais, despois de 17 anos como concelleiro, nunca fora advertido nin expulsado dun Pleno.