Cementerio Ponteareas

Alégrase o PP de que o Goberno adecentara o Cemiterio municipal antes das festas de Todos os Santos

 

O Partido Popular alégrase de que o goberno adecentara o Cemiterio Municipal aínda que esperaron aos días previos a Todos os Santos, forzados polas moitas queixas dos veciños e familiares dos finados, no que denunciaban o estado lamentable que presentaba o Cemiteiro Municipal, durante os máis de 16 meses de goberno e a pesar de que o Concello conta cun funcionario destinado en exclusiva a ese servizo. Se a isto sumamos que por primeira vez o Concello contou con 84 traballadores no ano 2015 e 54 no 2016, e, así e todo, o Goberno contratou unha empresa externa para acometer estes traballos de adecentamento, o que vai supor un maior gasto para as arcas municipais.

Esta forma de actuar con deixamento, desidia e desinterese do actual goberno local sobre as súas responsabilidades na xestión e mantemento dos bens propios xa nos vai sendo habitual. O que nos resulta curioso, é que parte do actual goberno, cando estaban na oposición estaban en contra da contratación de empresas externas para levar a cabo distintos traballos nos departamentos municipais, argumentando que o Concello estaba nunha difícil situación económica e que ademais tiña moito persoal e, polo tanto, se empregara o persoal municipal para levalos a cabo.

En 16 meses, este goberno leva contratado un número considerable de empresas externas para realizar distintas traballos e servizos para os que o propio Concello conta con persoal propio para podelos executar: empresas eléctricas para facer o mantemento das farolas e instalacións, empresas de desbroces e limpeza viaria, empresas de asesoramento administrativo, xurídico; empresas de…

En definitiva, estamos ante un goberno que ten a improvisación, a descoordinación, a falta de rigor e criterio como buques insignia da súa xestión.