O Goberno pontareano ten ós empregados municipais sen Servizo de Prevención e Riscos Laborais dende fai mais dun ano

 

-O PP apoiou dúas novas modificacións orzamentarias, que o Goberno fai dun Orzamento recentemente aprobado, e que pon de manifesto a ineficaz xestión que están a facer.

 -Unha partida de 44.000€ para poder pagar facturas ás empresas e autónomos que foron gastadas por este Goberno o ano pasado e que tiñan “escondidas” e preto de 8.000€ para contratar un Servizo de Prevención que deixaron caducar.

No Pleno ordinario deste mes de outubro, o PP apoiou por “responsabilidade” dúas novas modificacións do Orzamento 2016, pero non sen antes tildar ó goberno tripartito de pésima xestión.

Por un lado, estivemos do lado das diferentes empresas e autónomos que teñen sen contabilizar e sen pagar as súas facturas de finais do ano pasado, por mais de 44.000€, porque o Goberno  municipal contraeu estos gastos no ano 2015 sen partida orzamentaria, e logo de moitos meses e logo da confección dun orzamento que según o Alcalde “acababa cos imprevistos”, aparecen estas facturas que tiñan gardadas co fin de que non saise a luz que durante o ano pasado gastaron mais do que podían, cuestión que finalmente levounos a incumprir a Lei de Estabilidade Orzamentaria en mais de 400.000€.

E en segundo lugar, dende o PP tamén se deu apoio a outra modificación orzamentaria necesaria para poder contratar o Servizo de Prevención e Riscos Laborais do Concello de Ponteareas, que dende fai mais dun ano este Concello non ten porque o Goberno deixou caducar no mes de xullo de 2015 e non procedeu a tramitación dunha nova licitación.

E por si non fose suficiente, durante mais dun ano, non ter un plan de prevención de riscos laborais, nen planificación da actividade preventiva e que non exista vixiancia da saude dos traballadores, o Goberno intentando subsanar o erro incurre noutra nova irregularidade que é adxudicar na Xunta de Goberno do 13/xuño/2016 un Contrato de Prevención e Riscos Laborais sen partida orzamentaria, co cal a día de hoxe segue sen contratarse o servizo.

En definitiva, os concelleiros do PP neste último Pleno actuamos con sentido común e con responsabilidade e apoiamos estas dúas iniciativas polo ben das empresas que están sen cobrar por servizos que prestaron xa fai un ano, polo ben dos traballadores municipais xerando cartos no orzamento que permita contratar un Servizo de Prevención e Riscos Laborais que o Goberno deixou caducar, e finalmente para que o Concello cumpra coa Lei.