A falta de consenso do Concelleiro de Comercio é a tónica predominante da súa xestión

 

O concelleiro de comercio, o señor Lago, presenta sucesivas modificacións do Regulamento do mercado ambulante, sen habelo consensuado con todos os ambulantes autorizados en Ponteareas, nin tampouco coa mesa local de comercio, na que as diferentes asociacións e grupos políticos poderían facer aportacións ou polo menos ser a voz de moitos dos vendedores.

O señor Lago acorda en Pleno, co apoio do BNG e EU, que a partires de agora a adxudicación de postos realizarase mediante sorteo público, onde non se dará prioridade aos ambulantes que leven longo tempo a espera dun posto, fronte aqueles  que acaben de tramitar a súa solicitude.

Non deixa regulado cómo se fará dito sorteo, quen fará  “o sorteo” nin en qué época se levará a cabo, ademáis de non clarexar se haberá adxudicación unha ou varias veces ao ano.

Tamén a partires de agora,  obriga a manter a actividade do posto que sortea, limitando de xeito importante a posibilidade de optar a dito concurso, tanto por novos ambulantes  como polos que xa estén vendendo no mercado e queiran un cambio de ubicación ou ampliación en metros do seu posto. Ademáis pódese  dar a situación de que queden  postos baleiros por non poder cumplir  estas condicións estrictas impostas dende a concellería de comercio, que non posibilita marxe de maniobra, e en consecuencia  van en detrimento do mercado ambulante, dos interesados, así como do propio interese municipal, das súas arcas e no atractivo da vila comercial.

E non só iso, senon que por demanda de EU, e apoiado por PSOE E BNG, crearanse liñas de productos, nun mapa do mercado, que implicará a reestructuración de moitos dos postos existentes, obrigando a vendedores con ubicacións históricas ó cambio de localización dentro do mercado, para poder cumprir a nova regulamentación imposta dende a concellería de comercio.

O PP de Ponteareas considera que como mínimo teríase que haber consultado a todo o mercado ambulante, dándolle voz a estes vendedores, que son os principais perxudicados de ditas modificacións.

O señor Lago non chega a entender que os cambios  que leve a cabo nun Regulamento han de recoller as posibles casuísticas que se poidan xerar, porque de non ser así, se verá  obrigado a traer  continuamente modificacións das modificacións; aínda que por outra banda, ben é certo, que é o máis notorio que leva feito  dende que colleu a concellería de comercio fai xa un ano e medio.

Tamén se lle solicitou, por parte do Partido Popular, a modificación urxente do artigo referente ao mercado da carreira, pois  leva feito concesións que incumplen de xeito notorio dita ordenanza, tanto reguladora como fiscal, non reparando neste caso en mirar para outro lado ao conceder ditas autorizacións e non sendo quen de  resolver de xeito urxente dita situación, que marca unha discriminación inxusta entre os distintos tipos de actividade comercial e empresarial da nosa vila.