PORTAVOZ PP

As listas de sustitución de persoal xa existen e foron creadas respectando a igualdade de oportunidades e a transparencia

Dende o PP estamos de acordo en que o Goberno local renove as listas de substitucións que existían no Concello de Ponteareas dende hai catro anos, pero o que non vamos a consentir é que o Sr Represas, insinúe que a bolsa de contratación existente non foi elaborada garantindo a igualdade de oportunidades e a transparencia.

As listas de substitución ou tamén chamada bolsa de emprego está a funcionar no Concello de Ponteareas dende fai anos, foi elaborada con total transparencia e incluíu a todos os traballadores potenciais que cumprían os requisitos das Bases tal e como vai suceder agora.

O Sr. Represas xustifica a súa renovación baseándose en que as listas existentes están “obsoletas”, cuestión que nos parece bastante improbable, cando os traballadores nelas incluídas, si reunían os requisitos de formación, experiencia, etc. fai tres anos, cremos nós que, agora tamén o farán. Máis ben, sería unha razón xustificada dicir que van mudalas para dar cabida a un maior número de traballadores, pero non que os que están xa non valen, ou que non son suficientes, porque a bolsa de emprego existente é tan ampla que hai persoal que nunca foi chamado a traballar nestes anos.

Ata o día de hoxe, e por moito “Pacto de Goberno” acordado entre BNG, PSOE e ART en xuño de 2015, este goberno non está a facer nada “novedoso” co persoal, e de feito, son os propios sindicatos os que os acusan de presentarse ante á cidadanía como progresistas e logo facer unha política totalmente contraria, cuestión que lle supuxo a petición de dimisión ó Concelleiro de Persoal, o Sr. Floreal, por parte dos Sindicatos.

Un Goberno que criticou ó PP pola falta de transparencia ou polo sistema de contratación e que agora quere contratar “a dedo” as únicas dúas prazas do cadro de persoal que ata este momento decidiron cubrir, como son: a praza de Inspector de Policía e a praza de Técnico de Intervención, sen convocalas publicamente e pretendendo ser eles mesmos os que fagan a selección.

Neste ano e medio de goberno do BNG-PSOE-ART queda patente que a política de persoal que están a levar a cabo é nefasta e tratan de xustificar o que non fan con mentiras e acusacións vertidas sobre o partido popular.