88a07779463fcb36b69aa3ddbde1a262 L

A reducción dos impostos non parece ser unha prioridade para este Goberno, pois xa foron acordados polo Pleno pero están sen tramitar

 

-Fai 3 meses que O Pleno acordou establecer unha bonificación do 95% no Imposto de Plusvalías (herdanzas) e os veciños seguen pagando porque o Goberno non o tramita.

 -O Pleno acordou rebaixar os Impostos de Vehículos (IVTM) e Construccións (ICIO), para que se pague menos a partir de xaneiro de 2017, porque finaliza o Plan de Saneamento do Concello, e o Goberno non comezou cos expedientes.

 

O Goberno local debería priorizar a tramitación de todos aqueles acordos que se toman pola Corporación municipal nos Plenos, porque estos son vinculantes para o Goberno, e a demora na súa aprobación definitiva terá consecuencias moi negativas para os veciños de Ponteareas.

Dende o Partido Popular, manifestamos a nosa total disconformidade coa forma que ten o Alcalde de priorizar os asuntos e de ralentizar cuestións importantes e trascendentes para os cidadáns, como é o caso da rebaixa no imposto de Vehículos (IVTM), a rebaixa no Imposto de Construccións (ICIO) e a bonificación no Imposto de Plusvalías (herdanzas).

No caso do Imposto de Plusvalías, que afecta directamente as herdanzas de pais a fillos e que moitas veces estos non poden pagar porque reciben un patrimonio pero non teñen cartos para facer fronte o imposto co cal vense obrigados a vender parte do patrimonio para pagar, o PP sendo consciente desta gran dificultade propuxo ó Pleno municipal a bonificación do 95% na cota do imposto, tal e como permite a Lei, e isto foi aprobado pola maioría dos membros da Corporación municipal fai mais de 3 meses, e a día de hoxe segue sen ser tramitado o correspondente expediente por parte do Alcalde e do seu Concelleiro de Facenda.

O mesmo sucede no caso do Imposto de Vehículos (IVTM) e no Imposto de Construccións (ICIO), en ambos casos a Corporación municipal acordou por maioría rebaixar os mesmos, sen que ata o momento teñamos coñecemento de que o Goberno está a tramitar os  expedientes, tendo en conta que para estar en vigor o 1 de xaneiro deste ano próximo, debe estar definitivamente aprobada a rebaixa antes de finais deste ano, senon pasaría a aplicarse a rebaixa a partir de 2018, un ano mais tarde.

Dende o Partido Popular incidimos neste asunto porque o Goberno acostumbra a traer os expedientes “tarde, mal e arrastro” e neste asunto se non se logra o acordo definitivo antes de finais de ano, pasará un ano mais, ata 2018, para que estos impostos poidan ser aplicados coa rebaixa correspondente.