Un ano e catro meses leva o Concello sufrindo un sobrecoste no servizo da recollida do lixo

– A pasividade do Goberno tripartito en Ponteareas co expediente de FCC paralizado pola Alcaldía leva ás arcas municipais a estar desembolsando mais dun 10% do coste que lle corresponde.

O PP presentou escrito no Concello dirixido ó Alcalde para coñecer en qué situación se encontran as negociacións coa empresa da Recollida do Lixo, despois de haber pasado os 6 meses que o Alcalde solicitou de prazo para negociar coa empresa e porque ata a data non fomos convocados a ningunha comisión tal e como se comprometera o Goberno.

O portavoz do PP, Salvador González Solla, recorda que foi a principios de outubro do ano pasado, ante a negativa do Sr Represas de traer ó Pleno o expediente que o goberno popular deixou completo con todos os informes no mes de maio, quen presentou unha moción para que se executase a revisión de precios do contrato con FCC, debido ós custes a maiores que está supondo o servizo da recollida do lixo na actualidade para os nosos veciños.

Non foi ata febreiro deste ano cando o Alcalde decidiu traer ó Pleno o asunto e alí en vez de resolver o expediente acordaron “iniciar novas negociacións e paralizar o trámite durante 6 meses”, acordo que tivo en contra o Partido Popular porque os custes de intereses de demora estanse incrementando e porque o PP por moitas negociacións que haia non vai votar en contra dos informes da Secretaria e do Interventor que obrigan a Corporación a aprobar a revisión de prezos, a pagar polo servizo 126.000 euros menos ao ano e a reclamarlle a FCC preto de 800.000 eu que cobraron a mais.

A realidade é que un ano e catro meses despois, continúase a pagar á empresa FCC polo servizo de recollida do lixo mais do que lle corresponde, e descoñecemos si existíu algún tipo de negociación entre o goberno e a empresa, porque en ningún caso fomos convocados ás reunións que o Alcalde se comprometera, afirma Solla.

Nestes momentos, o único responsable de que se esté pagando mais do que corresponde polo servizo de recollida do lixo é o Goberno actual encabezado polo Sr Represas, e dende o Partido Popular cremos que o tempo xa é mais que suficiente e que este Goberno debe rematar coa pasividade coa que está actuando neste asunto, e por elo vimos de presentar unha solicitude de comparecencia do Alcalde no Pleno, para que nos aclare quen vai asumir a responsabilidade de estar gastando e pagando mais do que fixa o contrato.