O goberno eliminará os cartos das «tan necesarias» prazas de Inspector de policía e do Técnico de Intervención

 

-Os únicos culpables e responsables de que a Paga Extra 2012 dos funcionarios ainda non se pagase son o Alcalde e o seu Concelleiro de Facenda

O Goberno municipal na liña que nos ten acostumados de expedientes incompletos, celebrou no día de hoxe unha comisión informativa para decidir si levará ó Pleno da semana próxima a modificación orzamentaria, tan reclamada polo PP, para definir unha partida “específica” que permita pagar ós funcionarios a parte de Paga Extra do 2012 que está pendente, faltando un informe do departamento de persoal firmado.

Despois de reclamar os concelleiros do PP esta partida no orzamento dende o mes de abril, e despois de recibir negativa tras negativa por parte do Goberno municipal, hoxe por fin iniciaron o expediente con oito meses de retraso xa que o Goberno do Estado autorizou a que os Concellos pagasen a Extra de 2012 a principios deste ano.

O Concelleiro de Facenda sae nos medios de comunicación afirmando que “agora poden facer a modificación porque dispoñen de prazas vacantes que poden utilizar”, cando isto é falso porque o importe xa o podían haber reservado no orzamento que fixeron, pero como a iniciativa partiu do PP non quixeron incluíla.

Pero o realmente curioso deste asunto, continúa a concelleira popular Belén Villar, é que os fondos que van a dar de baixa no orzamento do ano 2016 para dar cobertura os 70.000€ para a Paga Extra 2012, pertencen as prazas de Inspector de Policía e de Técnico de Intervención, prazas “tan necesarias” segundo Goberno e que quixeron cubrilas “a dedo” en ambos casos, subíndolles o salario a cada unha delas, ata gastar 100.000€ o ano, cuestión totalmente ilegal.

Este é o sinsentido das actuacións deste Goberno, que trata os asuntos sen rigor, e así un expediente para dúas prazas de persoal “imprescindible e prioritario” deixa de selo os quince días, e outro, como a Paga Extra que non era necesario levalo ó Pleno agora xa o é. Este Goberno muda de parecer dun día para outro sen unha xustificación razonada.