F16c3089012335af8414b146795098dc L

O Estado obrigou ó Goberno pontareano a “declarar indispoñibles” cartos do orzamento

En relación as manifestacións feitas polo goberno municipal acerca de que Ponteareas cumpre os obxectivos de estabilidade do Ministerio de Facenda, a exconcelleira de facenda, Belén Villar, quere aclarar a veciñanza que no ano 2015 o Concello non cumpriu coa Lei de Estabilidade Orzamentaria, porque o Goberno gastou mais de 400.000 € por riba do Teito de Gasto permitido.

O feito de incumprir esta Lei no ano 2015, e que se puxo de manifesto co peche das Contas, obrigou ó Alcalde e ó Concelleiro de Facenda a elaborar un Plan de Actuación, que tiveron que enviar ó Ministerio, no que incluiron como única medida “declarar indispoñibles” mais de 511.000€ do Orzamento deste ano 2016.

Co cal, neste momento o Concello ten bloqueados eses cartos ata finais de ano, en detrimento dos servizos municipais que se lle prestan ós veciños, porque non poden utilizalos, e todo elo pola mala xestión feita por este goberno tripartito e particularmente polo concelleiro de facenda, o Sr Floreal, que recomenda a oposición que falen con rigor cando él non o fai.

Nestes momentos, e tralo envío ó Ministerio dese compromiso de non dispoñer de 511.000€ do orzamento deste ano para corrixir o desfase do ano pasado, os datos que aparecen na páxina do Ministerio din que Ponteareas cumpre, pero é así porque o Estado ten un “aval” de que se vai cumprir, e no caso de incumprimento as consecuencias recaerían directamente en responsabilidade do Alcalde.