Finaliza o Plan de Saneamento 2014-16 cos obxectivos cumpridos e o PP solicita ó Pleno que se reduzcan o Imposto de Vehículos e o de Construccións a partir do ano 2017

-O esforzo fiscal feito polos veciños de Ponteareas para o saneamento das Contas municipais e o pago de mais de 8 millóns € do Plan de Pago a Proveedores remata a finais deste ano 2016.

 -O compromiso do PP coa veciñanza, no relativo ós impostos incrementados foi que esta “carga fiscal extraordinaria” eliminaríase ós tres anos, que é o prazo fixado no Plan de Saneamento, reducindo os tipos impositivos ata os valores do ano 2013.

O PP acaba de presentar polo Rexistro de entrada do Concello unha Moción para que urxentemente se trate no próximo Pleno a rebaixa dos Tipos Impositivos das Ordenanzas fiscais do IVTM (Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica) e do ICIO (Imposto de Construccións, Instalacións e Obras) e estén en vigor en xaneiro de 2017.

O motivo desta petición é que remata o Plan de Saneamento 2014-16 elaborado polo goberno popular e aprobado polo Pleno en dec/2013. O fin desta planificación pon en evidencia que as políticas aplicadas o longo destes anos deron o resultado esperado e a finais deste ano 2016 o Concello estará saneado e as facturas e obrigas históricas que “afogaban” este Concello estarán pagadas.

No caso de Ponteareas, durante estos tres anos, 2014 a 2016, coas medidas correctoras postas en marcha, o Concello puido devolver ó Estado os mais de 8,24 millóns € que este lle anticipou para o Pago de facturas a Proveedores no ano 2012, logrando así reducir o seu déficit e logrando que o remanente de tesourería alcance a finais deste ano valores positivos.

Co cal é o momento, segundo afirma o portavoz do Partido Popular, de que tal e como se comprometeu no seu momento coa veciñanza, o Concello de Ponteareas elimine a “carga fiscal extraordinaria” que tiveron os cidadáns de Ponteareas durante os tres últimos anos, no Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e no Imposto de Construccións e Instalacións (ICIO), devolvendo as cotas impositivas ata os valores do ano 2013, cuestión que entendemos será apoiada polo Goberno actual, pois non podemos esquecer que no seu momento tanto o BNG como o PSOE votaron en contra de aprobar este Plan de Saneamento 2014-16 e destas subidas impositivas.