A xestión dos servizos básicos ós cidadáns foi unha prioridade durante o mandato do PP

-O Partido Popular cando gobernou sempre apostou por executar obras prioritarias de servizos básicos como os abastecementos de auga na meirande parte das parroquias do concello e do propio casco urbano.

O PP sae o paso e deféndese das últimas declaracións realizadas polo Alcalde, Xosé Represas, aos medios de comunicación nas que manifestaba que “resulta increíble que a día de hoy cientos de familias de Ponteareas carezcan de un servicio tan básico como el agua corriente en sus viviendas. Para el anterior gobierno esto no era una prioridad

Decir que o goberno do Partido Popular con Salvador González Solla como alcalde, apostou sempre pola mellora dos servizos básicos e prioritarios da veciñanza, como os abastecementos de auga potable, saneamentos, alumeados públicos, pavimentación de camiños, centros culturais, construción e dotación de parques…, e sempre priorizou e consensuou cos colectivos parroquiais e coa veciñanza en xeral a execución das diferentes actuacións.

Nos últimos oito anos do goberno popular, anos de crise económica, invertéronse en Ponteareas máis de tres  millóns de euros en abastecementos de auga, construción de depósitos, mellora de canalizacións e ampliación da rede de auga potable en distintas traídas parroquiais e na propia rede municipal de abastecemento de auga, así como na construción dunha nova ETAP.

Dentro desta liña de planificación de abastecementos de auga, construíronse máis de 15 depósitos, como o de Soutelo en Celeiros, o da Portela, Cortellas, Chan de Gándara en Padróns, en Xinzo, en Arnoso, en Areas, San Lourenzo, Paredes, Ribadetea, Pontexil en Guillade, Prado…, e leváronse a cabo melloras e ampliacións de traídas de auga como en Soutiño e Vilanova en Moreira, en Angoares, en Canedo, Xinzo, Areas, Padróns, Celeiros…

Por todo isto, desde o Partido Popular, rogámoslle ao Sr. Alcalde e ao seu goberno que se poñan a traballar, que levan mais dun ano gobernando e non fixeron ningunha inversións no rural. Que se deixen de tanta demagoxia, e que cambien a política dos xestos por política de feitos, porque o que outros gobernos fixeron está aí e os propios veciños e directivas das distintas traídas de augas veciñais son conscientes e testemuñas da aposta clara e decidida que tivo o goberno do PP en referencia ás súas necesidades e prioridades básicas.

E para remate, dicir que todas estas críticas e “desafortunadas” declaracións fainas un Alcalde e un Goberno que ten todo desatendido: camiños sen limpar de maleza, pistas sen reposición do bacheo, áreas recreativas e parques infantís das parroquias totalmente abandonados, árbores e pólas que impiden o paso do autobús escolar e do camión do lixo, rede de saneamento sen as revisións periódicas producindo cheiros e desbordes innecesarios, o castro de Troña, emblema do mundo castrexo, en estado selvático, con múltiples queixas de visitantes e turistas que ven como se desatende un dos recursos arqueolóxicos máis senlleiros da comarca; o parque do castelo de Sobroso que para acceder á fortaleza hai que esquivar as silvas e comer nas mesas hai que ir primeiro con poda ou desbrozadora; praias fluviais de competencia municipal sen socorristas, sen mantemento e limpeza; beirarrúas do casco urbano sen unha mínima limpeza… un desgoberno municipal que se vai guiando do ditado das denuncias que o Partido Popular vai mandando aos medios de comunicación.