88a07779463fcb36b69aa3ddbde1a262 L

A sentenza de Sestelo non obriga ó Concello a pagar os 1,3 millóns de euros, según o Asesor Xurídico

 

  • No Plan de Pago a Provedores do ano 2012 pagáronse a Sestelo preto de 800.000€, e o importe restante non se pagou porque a Interventora municipal informou desfavorablemente a súa inclusión, non porque o Goberno daquela non quixese.

 

O venres da semana pasada celebrouse a Comisión Informativa solicitada polo PP acerca da Sentenza da empresa Central Eléctrica Sestelo, e na mesma o Asesor xurídico aclarou a todos os Concelleiros asistentes a mesma, incluído ó propio Goberno, que a sentenza en cuestión NON OBRIGA a pagar os 1,3 millóns de euros, senón que obriga a que se “emita un Certificado de obrigas por parte do Interventor municipal e se envíe ó Ministerio para que este faga fronte o pago dentro do Plan de Pago a Provedores”.

Deste xeito queda totalmente en evidencia o que pregoaron os membros do Goberno tripartito de que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenaba a pagar inmediatamente e afectaba de xeito considerable ás arcas municipais impedindo atender outros pagos.

Na mesma Comisión Informativa, o PP comprobou que no expediente non existe ningún informe da Tesoureira municipal que acredite que as facturas que a empresa reclamou ante o Xulgado non foron pagadas polo Concello, ben no Plan de Pago a Provedores no que a Sestelo se lles transferiron preto de 800.000 €, ou ben pagadas dende o ano 2007 ata a actualidade con fondos municipais.

Estas obrigas non se pagaron durante o ano 2012 no Plan de Pago a Provedores porque a Interventora municipal informou desfavorablemente a súa incorporación no montante total de 8,5 millóns de € que o Concello enviou ó Ministerio, a pesares de que o Goberno que presidía Salvador González Solla buscou o xeito de que se incluísen todas e cada unha das obrigas que tiña o Concello con todos os provedores e empresas, pero algunhas coma esta, estaban reclamadas no xulgado, polo que non foi posible incluílas en base á lei que regulaban estes pagos.

A conclusión que sacamos os concelleiros populares tras esta Comisión, é que o Goberno tripartito non está pola labor de defender os intereses municipais e ata agora non fixo nada por obter os informes técnicos que acrediten se están ou non pagadas as facturas que se reclaman, e pola contra, do único que se preocupan é de culpar ó PP desas obrigas, aínda cando é importante que saiban os veciños, que fai tres anos a empresa Sestelo reclamaba 2,3 millóns de euros e hoxe o Xulgado, no peor dos casos, tan só lles está a recoñecer 1,3 millóns de euros, co cal a xestión e a revisión feita naquel momento xa é algo positivo para os intereses deste Concello.