Obra Pabellon Colegio Fermin Bouza Brey – 2ago2016

Por fin comezan as obras da Pista Polideportiva cuberta do CEIP Fermín Bouza Brei

  • O Portavoz do PP, Salvador González Solla, manifesta a súa ledicia de que dunha vez por todas se dea inicio ás obras da pista cuberta do CEIP Fermín Bouza Brey

 

Da anterior lexislatura municipal, o goberno do Partido Popular, no ano 2015, deixou contratada a obra “Ampliación e Cubrición da pista polideportiva do CEIP Fermín Bouza Brey” con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación Provincial, cun importe de 188.277,02 € adxudicada á empresa Construcciones Unika Proyectos y Obras por un importe de 169.317,53 €. Despois de cumpridos  todos os trámites e requisitos, xa durante o goberno tripartito, a empresa renunciou a facer esta obra tan prioritaria para a comunidade educativa do CEIP Fermín Bouza Brey.

Dende o Partido Popular descoñecemos cales foron as causas polo que non se executou dita obra nos prazos establecidos, o que si sabemos é cos nenos e nenas do CEIP Fermín Bouza Brey estiveron un ano sen as pistas cubertas nas que poder xogar e practicar deporte durante os días intempestivos.

Un ano despois e con bastante retraso, o goberno tripartito volve convocar de novo a súa contratación e dan comezo as obras en pleno mes de xullo. Afirma Salvador González Solla, que dende o PP esperamos que as obras estean rematadas para o inicio do novo curso escolar, do contrario estariamos ante unha nova chapuza das nos van tendo acostumados o goberno tripartito.