Socorristas5 A Freixa 2016

A responsabilidade de que as praias fluviais ainda non conten con socorristas é do Concello e do Goberno

O Portavoz do PP denunciará e responsabilizará ao Alcalde, Xosé Represas, de haber algún accidente nos areais ponteareáns por carecer de socorristas.

Dende o PP non entenden como a finais do mes de xullo, en plena tempada estival con días de temperaturas extremas, onde veciños e visitantes achéganse ás ribeiras do Tea para mitigar os rigores estivais, atópanse que nos areais fluviais non hai socorristas. O PP denunciou esta realidade e o actual goberno local en vez de axilizar a su contratación ponse a facer oposición e a botar balóns fóra, culpando á Xunta da situación.

Para o PP, o certo é que o Concello puido haber contratado e priorizado no grupo dos 20 traballadores/as que contratou dentro do Plan Concertado da Xunta, os socorristas para destinalos aos areais ponteareáns, pero non o fixo a diferenza doutros concellos como A Cañiza, Arbo As Neves e Mondariz entre outros que si o fixeron contratando socorristas dentro deste plan para destinalos aos servizos das súas piscinas municipais.

Recorda o PP que a competencia de vixilancia das praias fluviais é exclusiva do Concello polo que a Xunta no ten porque facer o seu traballo, aínda que si é certo que existe un orde de axudas á contratación de socorristas na que se priorizan os areais de costa. Orde na que nos últimos anos o Concello de Ponteareas nunca contou con estas axudas.

Dende o PP consideramos urxente a contratación dos socorristas para evitar accidentes, como en días pasados no areal das Pías. Ademais, reiteramos ao goberno local que priorice a limpeza, desbroce, e mellora de accesibilidade aos areais do Tea, así como dos paseos, sendeiros e áreas recreativas fluviais.

Polo tanto, dende o PP se responsabilizará ao Alcalde e ao Concelleiro de Persoal pola súa deixadez de funcións non sabendo antepoñer a imperiosa necesidade de contratación dos devanditos socorristas e por non tomar as medidas precisas e necesarias para evitar, na medida do posible, consecuencias a maiores nos accidentes que se puideran producir.

Ademais, unha vez máis, dende o PP lamentamos que este goberno,, na metade do verán, e a día de hoxe, nas praias fluviais do Tea (Freixa 1/ 2, San Roque, Moscadeira, As Partidas…) non estean colocados os carteis obrigatorios sobre a calidade das augas de baño que ordena a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Recordan os populares que coas obras rematadas o pasado ano do regato da Venda, tal e como manifestábamos, dita praia de San Roque volve este ano a ter a cualificación de apta para o baño despois de que durante moitos non fora acta para o baño por mor dos vertidos de dito regato.