Socorristas4 A Freixa 2016

A Praia fluvial da Freixa segue sen Socorristas a esta altura do verán

– En pleno mes de xullo a praia fluvial da Freixa non conta co servicio de socorristas e cun mantemento e limpeza dignos dun referente das praias fluviais do Tea á que acoden multitude de persoas durante a tempada estival.

É incrible que a mediados de xullo o entorno da Freixa presente un triste e lamentable estado de abandono, zonas de aparcamento e accesos aos areais sen desbrozar, e máis incrible é que a esta altura do calendario de verán o goberno local aínda non contrataran aos socorristas encargados de vixiar pola seguridade dos bañistas.

Para o Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Salvador González Solla, considera que esta debe ser a normal forma de proceder do goberno local e do seu Alcalde, xa que un ano máis teñen que ser as forzas políticas da oposición as que lle advirtan e denuncien a súa forma de proceder, evidenciando a pouca ou nula capacidade de xestión do goberno tripartito á hora de resolver e atender ás necesidades dos cidadáns.

Desde o Partido Popular esixímoslle ao Alcalde para que tome as medidas precisas para que, de maneira urxente, este areal conte co servicio de socorrista e ao mesmo tempo se faga unha labor seria de limpeza e mantemento dunha das zonas máis importantes de recreo e lecer de moitos veciños e visitantes.