Os informes técnicos acreditan que moitas das facturas da eléctrica Sestelo dos anos 2007 a 2009 estaban pagadas ou duplicadas

 

  • O Sr. Represas antes de acusar a ninguén de “mala xestión” debería primeiro averiguar porqué o informe da Interventora era desfavorable para o pago, ou porqué o asesor xurídico propuxo o goberno recurrir a sentenza no ano 2014.

 

En relación ao comunicado de prensa feito polo Goberno local no día de hoxe en relación a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza para facer fronte a 1,3 millóns de euros dá empresa Sestelo, dende o PP queremos aclarar os antecedentes deste asunto, que eran coñecidos por todos os grupos políticos da Corporación, e que poñen de manifesto que esta reclamación orixinouse no ano 2012 e xa foi recurrida polo Concello no ano 2014, según informe do asesor xurídico.

Unha vez mais, o Sr Alcalde e o Sr concelleiro de Facenda, en vez de analizar a documentación e informes técnicos existentes, falan dende o descoñecemento total e acusan ao goberno anterior de “gastar sen control” ou de “non querer incluir esta ou outras obrigas no Plan de Pago a Proveedores do ano 2012”, cando o certo é que ningún político, nen alcalde, nen concelleiros, tiveron posibilidade para decidir qué facturas se incluían ou non no Plan de Pago a Proveedores, porque esa labor era exclusivamente da Interventora municipal e baixo a súa responsabilidade.

O Goberno que presidiu Salvador González Solla en ningún caso “rechazou incluir débedas para o seu pago” nen desta empresa nen de ningunha outra, e mostra delo é que durante os 10 anos que foi alcalde xestionou e fixo fronte a obrigas por mais de 20 millóns de euros, incluidos os preto de 3 millóns de euros que deixou o bipartito PSOE-BNG nos 11 meses que gobernaron en Ponteareas durante os anos 2003 e 2004, entre seguridade social, basuras, eléctricas como Sestelo, etc.

O concelleiro de Facenda, se realmente defende os intereses do Concello,  debe analizar o expediente que existe no Concello relativo á empresa Sestelo, que facturou ao Concello ata setembro do ano 2009, no que consta documentación entregada pola propia empresa que acredita pagos durante o período de xuño/2004 a xuño de 2010, por importe de 1,6 millóns de euros, e a maiores no ano 2012, no Plan de Pago a Proveedores, outros pagos por 796.000€, importe este último que foi certificado e ordenado pola Interventora municipal do Concello.

Dende o PP decímoslle ao Goberno que deixen de acusar aos concelleiros da oposición de todo, porque a realidade é que o goberno anterior só defendeu os intereses xerais do Concello durante os anos que xestionou o mesmo, e neste caso a Interventora municipal informou desfavorablemente a contabilización e o pago das facturas reclamadas por Sestelo, porque non estaba debidamente acreditado dito gasto, porque se detectaron facturas duplicadas, e tamén porque a reclamación incluía facturas que xa estaban pagadas e así foi confirmado dente a tesourería municipal.

O Goberno o que debería facer é comprobar coa Tesoureira municipal se efectivamente as facturas que reclaman dos anos 2007, 2008 e 2009 están ou non pagadas, porque esa é a responsabilidade dun goberno, a defensa dos intereses do Concello.