O Goberno de Ponteareas mantén a súa «actitude irregular» facendo caso omiso dos informes técnicos desfavorables

  • A irresponsabilidade do Goberno BNG-PSOE-ART e do grupo IU cos Orzamentos 2016, non subsanando os reparos técnicos, e non contestando todas as alegacións, obriga aos restantes concelleiros a utilizar a única vía que lles queda de recurso que é o xulgado.

En relación ás últimas manifestacións feitas nos medios de comunicación por parte do Goberno local en relación a aprobación dos Orzamentos 2016 tachando de irresponsables aos concelleiros do PP, queremos que a cidadanía coñeza os verdadeiros motivos do voto en contra de dito documento, que non é máis que a existencia de informes técnicos desfavorables que advirten ao alcalde e o seu goberno de diferentes irregularidades co fin de que estas foran subsanadas.

Se a realidade fose tal e como afirma o Goberno de que a tramitación é totalmente correcta, non entendemos por que no Pleno municipal o alcalde non autorizou, tal e como pedían os concelleiros do PP, a que intervise a Secretaria municipal e nos aclarase a todos os concelleiros que formamos a Corporación municipal se había ou non incidencias no documento que debían ser corrixidas.

Consideramos que o Goberno non ten de que sentirse orgulloso co Orzamento 2016 porque este foi aprobado exclusivamente cos votos dos concelleiros do goberno, xa que os restantes membros da Corporación (PP, ACIP e EU) non o apoiaron, e o Alcalde viuse na obriga de utilizar o seu “voto de calidade” para poder sacalo adiante.

Esta falta de apoio é o reflexo dun documento que “non foi consensuado” cos restantes concelleiros, que non foi tramitado de xeito “transparente” pois non tivemos acceso a moita documentación, que non reflexa a “realidade económica” do Concello porque lle faltan moitas partidas e outras son insuficientes, que tampouco cumpre co “Plan de Saneamento econ-fin 2014-16”, e xa finalmente porque ten informes técnicos desfavorables.

O Partido Popular lamenta a actitude deste goberno de “tirar para diante”, sen ningún tipo de “rigor”, sen analizar as consecuencias de adoptar acordos fóra da Lei, e tamén nos sorprende a “incoherencia” dun goberno que é capaz de xustificar agora a aprobación dun Orzamento con informes desfavorables, namentres que no ano 2010, cando se aprobara o último orzamento, leváronos a votar en contra por cuestións como a productividade, a amortización de prazas de funcionarios, as diferencias salariais, ou as partidas económicas destinadas a empresas subcontratadas.